Sobre dous raís: o ferrocarril no Arquivo de Galicia

A exposición Sobre dous raís pretende ser un percorrido pola historia da construción e o emprego do ferrocarril en Galicia -a través dunha pequena mostra de documentos conservados no Arquivo de Galicia- e tamén un convite a reflexionar sobre a súa importancia como motor da economía, precisamente nun momento de expectación pola próxima chegada do AVE. A exhibición está composta por un conxunto de 59 documentos que inclúe desde expedientes administrativos de proxectos de construción de infraestruturas ou concesión de servizos, correspondencia pública e privada, billetes de tren, fotografías, ou folletos divulgativos. 

O ferrocarril revolucionou o mundo das comunicacións a partir de comezos século XIX, en estreita relación coa posta en marcha da revolución industrial. Mais en Galicia -como no resto de España- a incorporación desta infraestrutura enfrontouse a diversas dificultades, especialmente de carácter financeiro, o que tivo como resultado que non se inaugurase a súa primeira liña, entre a estación de Cornes -no daquela concello de Conxo, pertencente a día de hoxe a Santiago de Compostela- e o porto de Carril, ata o ano 1873. Este atraso na introdución de infraestruturas influíu tamén na falta de articulación do territorio e, como consecuencia, no decorrer do desenvolvemento económico do país.

A chegada do tren de alta velocidade a Galicia, prevista para finais deste ano, resulta unha boa ocasión para botar a vista atrás e reflexionar sobre a historia das nosas comunicacións, tomando como punto de partida os testemuños conservados no Arquivo de Galicia.

Deseño e contido expositivo

A mostra artéllase en seis seccións -"O comezo da viaxe", "Trens con destino a", "Vías, viadutos e estacións", "O trazado invisible", "O impacto económico" e "Pasaxeiros ao tren!"- e a documentación exposta pertence tanto ao fondo documental da Xunta de Galicia como a outros fondos ou coleccións de orixe privada, na actualidade depositados no Arquivo de Galicia. Neste sentido cómpre destacar o fondo da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela, depositado por esta institución, ou a doazón realizada pola Familia Vilariño Pintos. Hai que mencionar tamén a colección fotográfica Chamoso Lamas, pertencente á Real Academia Galega de Belas Artes “Nuestra Señora del  Rosario” da que o Arquivo custodia unha copia.

 
Exposicións
 
21 Out 2022 - 16 Abr 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
11 Nov 2022 — 9 Abr 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
De Nov 2022 a Mai 2023
De 9.00 a 21.00 horas
7 Mar - 11 Xuñ 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Mar - Set 2023
De 9.00 a 21.00 horas
22 Mar - 6 Ago 2023
De luns a domingo | De 10 a 20 h
28 Mar - 27 Mai 2023
27 Xuñ 2023 - 7 Xan 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h