Campus Galicia | Urbanismo e arquitectura nas universidades galegas

Galicia posúe un valioso patrimonio universitario, de traxectoria centenaria, esencia dinámica e perfil diversificado: os seus recintos ofrecen unha valiosa paisaxe, debuxada durante séculos por espazos e persoas. A exposición Campus Galicia quere expresar unha lectura innovadora das institucións de ensino superior galegas.

Campus Galicia realza a valía do patrimonio universitario galego abrindo miradas á súa arquitectura, que, transcendendo as imaxes, penetren no seu espírito. Mediante textos, planos e fotografías, desprégase un itinerario vivido ao pé do terreo, impulsado polo afán de enxalzar o galano patrimonial que nos brindan os 14 recintos universitarios de Galicia. As universidades galegas levan séculos a debuxarse na paisaxe social, urbana e natural dun territorio vivaz. Quen percorre os recintos universitarios recréase na súa beleza latente, tan próxima como pouco desvelada, e esta exposición quere ser un convite a amar estas paisaxes universitarias.

A mostra está centrada na dimensión histórica, urbanística e arquitectónica dos campus galegos, pero incorpora dúas visións inéditas, a vivencial e a contextual. Por unha banda, escolma para cada recinto galego un conxunto de referencias tipolóxicas, extraídas do panorama universitario nacional e internacional. Pola outra, a descrición de cada campus incorpora referencias poético-vivenciais, ofrecendo así unha interpretación emocional, coherente co sólido vencello que o feito educativo posúe coa dimensión humana. 

Comisariado

Pablo Campos Calvo-Sotelo, doutor arquitecto, doutor en Educación, catedrático de Composición Arquitectónica (Universidad San Pablo CEU) e académico da Real Academia de Doutores de España. Desde 1989 proxecta e investiga a arquitectura das universidades. Escribiu 16 libros e máis de 80 artigos sobre a materia e ten impartido conferencias en prestixiosas institucións internacionais. Autor do concepto “Campus didáctico”, deseñou numerosos plans directores para recintos universitarios, dentro e fóra de España. O proxecto do Campus de Villamayor (Universidad de Salamanca) obtivo o 1º premio Internacional de Arquitectura Educativa Designshare (Nova York). En 2021 e 2020 respectivamente recibiu os premios Educatio Leadership Award, outorgado polo World Education Congress, e International Innovative Research Award in Architecture of Education, outorgado pola International Society for Scientific Network, pola súa contribución á investigación en educación a escala internacional.

 
Exposicións
 
1 Abr - 7 Ago 2022
De luns a domingo | De 10 a 20 h
8 Abr - 28 Ago 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 h
5 Mai - 28 Ago 2022
De luns a domingo | De 10 a 20 h
20 Mai - 20 Xul 2022
De martes a domingo | De 11 a 14 h e de 16 a 21 h
20 Mai - 4 Set 2022
Museo do Mar de Galicia | Vigo
1 Xul - 18 Set 2022
ENTRADAS XA Á VENDA
07 Xuñ - 4 Set 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 horas
Do 16 Xuñ ao 13 Xul
De 10.00 a 20.00 horas
17 Xuñ - 30 Xul 2022
Luns - Sábados | 12.00-14.00 e 17.00-21.00 h