Continuando coa liña instaurada polas Matinais Clásicas no pasado 2020, a Cidade da Cultura acolle un novo ciclo musical este outono con tres actuacións que nos permitirán gozar de estilos tan diversos como o Jazz, a música a capella e a música barroca, esta última reinterpretada en conexión coa creación visual contemporánea.
Desta volta, contaremos coa colaboración do Quinteto de Metais e do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, que serán os encargados de abrir e pechar estas novas matinais nas mañás dos domingos 14 de novembro e 12 de decembro, respectivamente. Ademais, o 21 de novembro, baixo o título "Oh, rosas vivas!" exploraremos a conexión entre a música antiga e a linguaxe audiovisual da man do grupo Gallaecia, Ensemble Barroco e das creadoras Laura Iturralde, Joseba Muruzábal e María Lado, baixo a dirección artística de María José Pámpano.
14 NOV | Quinteto de Metais da OSG | 21 NOV | Oh, rosas vivas! Gallaecia, Ensemble Barroco | 12 DEC | Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia |
![]() |
![]() |
![]() |
Unha homenaxe ao Jazz e á música dos Estados Unidos de América coa trompeta como eixo central protagonista. O repertorio inclúe as estreas de dúas obras dos compositores galegos Roberto Somoza e Nani García. Merca aquí a túa entrada |
Redescuberta das obras de compositoras dos séculos XVII e XVIII a través dunha intervención musical única que combina a interpretación do grupo Gallaecia, Ensemble Barroco e a creación visual contemporánea feita en Galicia. Merca aquí a túa entrada |
As voces do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia protagonizan o último concerto das Matinais Musicais cun repertorio a capella que percorre os principais estilos dende o barroco á música contemporánea. Merca aquí a túa entrada |
As entradas para cada concerto poden adquirirse en Ataquilla.com. Preme sobre cada unha das imaxes de arriba para acceder directamente á compra. Nos enlaces de abaixo, poderás consultar información ao detalle sobre cada concerto e descargar o programa.
