A mostra 'Xacobeo. As pegadas do Camiño' afonda no impacto da ruta xacobea na construción da cultura europea

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, inaugurou hoxe no Museo Centro Gaiás Xacobeo. As pegadas do Camiño, exposición co-organizada polo Goberno galego, a Biblioteca Nacional de España (BNE) e Acción Cultural Española, que afonda na vocación europeísta da peregrinación a Compostela desde as súas orixes ata os nosos días.

Santiago de Compostela, 11 de Marzo de 2022

Regresa o ciclo 'Clásicas desfeitas' cunha visión contemporánea do teatro medieval galego e portugués

A Xunta presenta este mes os volumes 4 e 5 do ciclo Clásicas desfeitas, que este ano leva a escenarios non convencionais obras inspiradas na literatura medieval galega e na renacentista portuguesa. Os dous proxectos, están a tomar forma xa no marco do programa de apoio ao talento creativo das Residencias Artísticas do Gaiás co propósito de achegar unha ollada renovada e actual sobre o patrimonio cultural e artístico.

Santiago de Compostela, 10 de Marzo de 2022

O videopodcast ‘Conversas na balea’ arranca cun primeiro episodio arredor da muller no eido da produción musical

A Xunta de Galicia comeza este mes na Cidade da Cultura a emisión do videopodcast Conversas na balea, un espazo de faladoiros que no seu primeiro capítulo, precisamente nesta semana na que se conmemora o Día Internacional da Muller, se achega ao ámbito da promoción e produción musical desde a óptica de dúas mulleres profesionais de peso no sector.

Santiago de Compostela, 09 de Marzo de 2022

Xacobeo. As pegadas do Camiño

Neste Ano Santo ampliado a 2022, preténdese pór en valor a riqueza de testemuños diversos que o Camiño de Santiago deixou dende a Idade Media e que se conservan na Biblioteca Nacional e noutras institucións culturais de dentro e fóra de España como o Museo del Prado, o Arquivo da Catedral de Santiago ou o Centro italiano di Studi Compostellani.

O Arquivo de Galicia celebra o 8 de marzo cunha exposición que percorre o papel da muller na economía familiar e a súa incorporación ao traballo

A Xunta inaugurou hoxe no Arquivo de Galicia, coincidindo coa celebración do 8 de marzo, a exposición Mulleres sobranceiras: entre a economía doméstica e o mundo empresarial. A mostra, que poderá visitarse ata finais de ano, pretende visibilizar o papel desenvolvido pola muller ao longo da historia na economía familiar, tanto no fogar como coa súa incorporación ao mundo laboral, e que quedou reflectido en documentación de diversa tipoloxía.

Santiago de Compostela, 08 de Marzo de 2022 a Santiago de Compostela, 31 de Outubro de 2022

Clásicas desfeitas vol. 4 | «Arte sen guión»

Existiu o teatro medieval en galego? A compañía Galeatro investiga e pescuda en Arte sen guión sobre a posibilidade dun teatro clásico galego do que non existen obras escritas. Partindo do estudo das estruturas narrativas e dramáticas medievais e dos materiais en lingua galega previos ao Rexurdimento, e coas ferramentas da improvisación contemporánea, a comedia e a música, Arte sen guión propón unha nova lectura do patrimonio cultural galego.

As Residencias Artísticas do Gaiás promoven 25 proxectos de vangarda e anuncian unha convocatoria para sumar novos colectivos

A Xunta deu a coñecer hoxe o programa de Residencias Artísticas do Gaiás deste ano (REGA 22) que se desenvolverá na Cidade da Cultura co obxectivo de apoiar o talento e dar visibilidade á creación contemporánea, tanto galega como internacional.

Santiago de Compostela, 02 de Marzo de 2022

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS