Pequefilmes 2026 | Obradoiros

Este ano, a cativada poderá converterse en cineastas por un día con dous obradoiros para deixar voar a imaxinación. Por unha banda, contaremos co obradoiro de cinema e teatro de sombras chinesas impartido por Iria Fafián. Tamén haberá unha proposta da man de Belén Veleiro para descubrir e experimentar co primeiro dispositivo que existiu no cinema de animación, o zootropo, e que os nenos e nenas poidan crear a súa propia película.

Visitas comentadas | Mundo expandido. Entre o físico e o virtual

Como afecta á sociedade vivir entre o real e o virtual? Perdemos a humanidade e a empatía cando nos manipula o algoritmo? Que significa ter identidade sen corpo físico? A exposición Mundo expandido. Entre o físico e o virtual chega á Cidade da Cultura e lánzanos un feixe de interrogantes sobre os efectos da explosión dos mundos virtuais nas nosas vidas. 

Obradoiro 'A vida nun lápis' | Día da Ilustración na Biblioteca de Galicia 2026

Este ano 2026, o Día da Ilustración celebra a creatividade e o humor de Siro López, un dos caricaturistas máis recoñecidos da nosa Comunidade. Para festexar a súa obra, a cativada poderá participar neste obradoiro no que collerán lápis e cores, deixarán voar a imaxinación e descubrirán que debuxar tamén pode ser un xogo cheo de diversión.

Siro. A vida nun lápis | Exposición da Biblioteca de Galicia con motivo do Día da Ilustración 2026

Siro non necesita presentación para quen segue a caricatura e o humor gráfico en Galicia. Desde as súas primeiras viñetas en revistas como Can sen dono ou Sapoconcho ata as páxinas de La Voz de Galicia, o seu debuxo alcanzou a vida diaria de miles de persoas, deixando sempre pegadas de humor. Este 2026, a Biblioteca de Galicia celebra o Día da Ilustración coa exposición Siro.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS