Este ano, a cativada poderá converterse en cineastas por un día con dous obradoiros para deixar voar a imaxinación. Por unha banda, contaremos co obradoiro de cinema e teatro de sombras chinesas impartido por Iria Fafián. Tamén haberá unha proposta da man de Belén Veleiro para descubrir e experimentar co primeiro dispositivo que existiu no cinema de animación, o zootropo, e que os nenos e nenas poidan crear a súa propia película.
Obradoiro de cinema de sombras
VEN 27 ás 17:45h e as 19:00h | SAB 28 ás 11:00h, 12:15h, 13:30h,16:30h, 17:45h e 19:00h | DOM 1 ás 11:00h, 12:15h e 13:30h
Neste obradoiro, a cativada poderá experimentar co cinema e teatro de sombras chinesas. Adaptarán un conto breve a partir dun texto guionizado previamente, traballando en grupo aspectos como:
- O deseño e construción de personaxes e escenarios
- A preparación das caixas de luz para crear a contorna
- Ensaios de animación e de dobraxe
- Gravación dos planos
Rematado o obradoiro farase a montaxe de imaxe e son.
Obradoiro 'Xirar para animar: creación dun zoótropo'
VEN 27 ás 17:45h e as 19:00h | SAB 28 ás 11:00h, 12:15h, 13:30h,16:30h, 17:45h e 19:00h | DOM 1 ás 11:00h, 12:15h e 13:30h
Sabías que antes do cine xa existían debuxos que se movían? Neste obradoiro a cativada descubrirá un dos primeiros dispositivos do cine de animación: o
zoótropo. A partir dunha secuencia de 12 fotogramas, deseñaremos unha pequena animación que cobrará vida ao xirar o dispositivo.
Os nenos e nenas traballarán o debuxo secuencial, o ritmo e a continuidade, entendendo como a animación existía antes do cine tal e como o coñecemos hoxe. E ao rematar poderán levalo para a casa! Unha experiencia creativa para debuxar, experimentar e ver como as ilustracións comezan a moverse!








