«Da madeira ao pano» | Obradoiro de estampaxe inspirado na obra de Asorey

Os panos e mantóns do traxe galego eran unha das obsesións do escultor Francisco Asorey. O artista foi atesourando ao longo da súa vida unha boa colección, que moitas veces mercaba directamente á súa propietaria, para empregalos como referencias á hora de vestir en madeira as súas esculturas.

No obradoiro Da madeira ao pano, percorreremos o camiño inverso ao artista para estampar na tea motivos florais, formas vexetais e elementos orgánicos que reinterpretan de maneira accesible e contemporánea a estética do pano tradicional presente na obra de Asorey.

A actividade ofrece unha experiencia creativa en familia que combina artesanía, memoria e tradición e, ademais, as persoas participantes poderán levar para casa o seu propio pano estampado. Empregarase a técnica do esterxido, método que consiste en debuxar a figura a reproducir nun papel groso ou similar e delimitar o seu contorno con buracos polos que se aplica a pintura.

O obradoiro desenvolverase o sábado 7 de febreiro en dúas quendas de tarde: de 16 a 18 h e de 18 a 20 horas). Poderán participar públicos de todas as idades, aínda que as nenas e nenos menores de 10 anos deberán realizar a actividade acompañados dunha persoa adulta responsable. As entradas poden adquirirse a través da web de Ataquilla

Gaiás inspira

Da madeira ao pano encádrase na nova liña de programación Gaiás_Inspira, que abrangue diferentes actividades divulgativas, lúdicas e didácticas ao redor da mostra Francisco Asorey, unha recuperación necesaria o resto de proxectos expositivos do Museo Centro Gaiás. Están dirixidas a público adulto, infantil e xuvenil, con propostas innovadoras que converten as salas do Museo nun espazo vivo, aberto á participación do público e á aprendizaxe compartida.

 
En familia
 
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
27, 28 Feb e 1 Mar
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas