DescArtes. Escenas que pensan, escenas que existen | REGA 2026

DescArtes é unha nova liña de residencias, incluídas no Programa de Residencias Artísticas do Gaiás, que desenvolven conxuntamente o Centro Dramático Galego e a Fundación Cidade da Cultura. A iniciativa busca apoiar o talento emerxente, conectar o global co local poñendo en contacto artistas do país con estruturas, festivais e creadores de fóra e integrar o público no proceso de creación das producións teatrais galegas

O Museo Gaiás inaugura a finais de febreiro unha exposición que percorre 125 anos de arte galega a través dunha creativa montaxe sensorial

A Xunta de Galicia abre a finais do mes de febreiro no Museo Centro Gaiás As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI, unha exposición concibida como experiencia sensorial e inmersiva ao redor das representacións estéticas da primavera, o verán, o outono e o inverno galegos.

Santiago de Compostela, 16 de Febreiro de 2026

«Ás veces está ben perderse» | Laboratorio de creación escénica inclusiva – ENFORMA

Ás veces está ben perderse é un laboratorio de creación escénica dirixido a corporalidades disidentes, pensado como espazo de investigación, xogo e creación a partir do propio corpo e da identidade de cada participante. Desenvolverase os días 27 e 28 de febreiro en tres sesións conducidas Magda Labarga no Espazo REGA 2 da Cidade da Cultura.

A tarabela ambulante: Idea | Teatro na Biblioteca de Galicia con motivo do Día da Lingua Materna

Que pasaría se deixaramos entrar ao aburrimento? Se, por un momento, non houbese nada que facer? Quizáis esta é exactamente a porta á imaxinación e a fantasía. A tarabela ambulante: Idea é un espectáculo teatral para a cativada que nos mergulla na historia de Mariña. Unha nena que, grazas ao aburrimento, entra nun universo cheo de seres fantásticos. En conmemoración co Día da Lingua Materna, a Biblioteca de Galicia trae esta proposta para gozar en familia e descubrir que o aburrimento é o motor que impulsa a creatividade.

Gaiás en xogo 2026

Xogar é medrar e tamén aprender. O xogo é a linguaxe coa que as nenas e nenos descobren o mundo e, sobre todas as cousas, é diversión!

En marzo chega Gaiás en xogo: unha xornada lúdica e familiar que converte a Cidade da Cultura nun gran espazo onde non existe o aburrimento. Coa curiosidade como guía e a experimentación como ferramenta, convidámosvos a probar seis propostas diferentes pensadas para tocar, construír, imaxinar, investigar e transformar.

A Xunta celebra dez anos de aposta polo mellor cinema miúdo internacional no Gaiás con ‘Pequefilmes’

A Xunta de Galicia xa ten preparada a programación para celebrar o décimo aniversario do festival de curtametraxes Pequefilmes. A proposta deste ano acolle 80 películas dunha vintena de países que converten a Cidade da Cultura no escaparate do mellor cinema de animación internacional para a cativada.

Santiago de Compostela, 07 de Febreiro de 2026

As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI

As estacións do ano é unha exposición de arte contemporánea singular que convida a abrir os sentidos, camiñar devagar e mergullarse en cada obra. Partindo dun concepto de inmersión espacial, o Museo Centro Gaiás convértese nun lugar onde sentir a arte a través dos sons, da temperatura, das cores e das texturas, coa primavera, o verán, o outono e o inverno como os grandes escenarios das nosas vidas.

'Mundo expandido' abre as portas no Gaiás cunha reflexión de artistas dunha ducia de países sobre os límites dos mundos virtuais

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou esta mañá no Museo Centro Gaiás a exposición Mundo expandido. Entre o físico e o virtual. Conformada por máis de 80 obras que inclúen instalacións interactivas, videoxogos, obxectos históricos e pezas artísticas, esta mostra de Fundación Telefónica explora os límites da realidade física e da simulación dixital e afonda na omnipresenza dos mundos virtuais na nosa sociedade.

Santiago de Compostela, 04 de Febreiro de 2026

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS