Un mural colectivo para a igualdade | Do 25N ao 8M

Con motivo do 25N, Día internacional da eliminación da violencia contra a muller, a Cidade da Cultura programa a creación dun mural colectivo a modo de obradoiro e manifesto visual pola igualdade de xénero, coordinado por 7H Cooperativa Cultural e baixo a dirección artística da ilustradora galega Nana.

Na parede do vestíbulo que dá acceso ao andar 1 do Museo, unha moza sostén unha pancarta en branco, como as que encabezan as manifestacións, que se foi enchendo de mensaxes e de cor ao longo de diferentes obradoiros participativos.

A Xunta presenta os traballos en creación escénica, arquitectura sonora, arte dixital, cerámica e artes visuais froito das residencias artísticas no Gaiás

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación dos traballos desenvolvidos nas residencias artísticas da cuarta convocatoria das axudas REGA, impulsadas pola Xunta de Galicia. Ao longo da xornada, o público puido coñecer as seis novas creacións que xermolaron este outono na Cidade da Cultura nos eidos das artes visuais, a creación escénica, a música contemporánea, o deseño e tamén as artes dixitais.

Santiago de Compostela, 24 de Novembro de 2025

A Xunta comprométese a situar Galicia na vangarda das artes dixitais na inauguración do foro ‘Sinte’

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou esta mañá no Gaiás a primeira edición de Sinte, foro internacional de arte e cultura dixital que se propón situar Galicia na vangarda da creación contemporánea. Este 20 e 21 de novembro, o encontro reúne en Santiago de Compostela a máis dunha vintena de destacadas figuras deste ámbito, procedentes de países como Francia, Italia, Turquía, Portugal ou O Xapón, pero tamén de Galicia e do resto de España.

Santiago de Compostela, 20 de Novembro de 2025

Unha conferencia do autor de creacións dixitais para o Gran Museo Exipcio, a NASA, Google ou Nike abre o Foro internacional 'SINTE'

O programa do Foro internacional de arte e cultura dixital, Sinte, incorpora unha conferencia plenaria do cofundador e director de Ouchhh studio, Ferdi Alici, figura de referencia mundial no eido da arte dixital que asinou instalacións para institucións, museos e empresas como o Gran Museo Exipcio no Cairo, o Museo Mori de Toquio, Google, Nike, Audi a NASA ou o CERN, entre outros.

Santiago de Compostela, 17 de Novembro de 2025

Ramona Órbita. A dona do tempo | Espectáculo musical con ilustracións ao vivo na Biblioteca de Galicia polo Día da Música

Un espectáculo para público infantil e familiar que combina música, narración e ilustracións ao vivo na Biblioteca de Galicia en conmemoración do Día da Música. Ramona Órbita, unha súper muller labrega da Serra do Courel, é xefa na horta, boa coa tecnoloxía, ecoloxista e inventora dunha horta cibernética de patacas automáticas e dunha incrible máquina do tempo, o seu mellor invento.

O EAN premia unha intervención artística que creará dúas illas flotantes de madeira na lagoa do Xardín Liteario do Gaiás

A Xunta de Galicia acaba de seleccionar a proposta A auga é un intre que aprendeu a quedar como gañadora do Concurso de Intervencións Artísticas nos espazos exteriores do Gaiás, convocado entre os e as participantes no XV Encontro de Artistas Novos, EAN15. Presentado polo deseñador e creador visual Diego Lara, este proxecto intervén sobre a lagoa do Xardín Literario da Cidade da Cultura, deseñando dúas illas flotantes circulares e apostando pola madeira de castiñeiro como material de construción.

Santiago de Compostela, 16 de Novembro de 2025

Nadal no Gaiás 2025-26

Neste Nadal no Gaiás construiremos un milleiro de soños para que viaxen como barcos polo tempo.

Na Cidade da Cultura agárdavos Soños de Argonautas, unha paisaxe máxica habitada por esferas luminosas e corredores inchables: un lugar onde agroman historias tan repletas de aventuras como as dos lendarios tripulantes do Argos, que sucaron os mares da imaxinación ata os nosos días.

A Xunta impulsará a creación dixital no Encontro de Artistas Novos coa incorporación de Chus Martínez

A Xunta de Galicia apostará por impulsar a creación dixital a través do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia coa incorporación de Chus Martínez Domínguez, que relevará a Rafael Doctor á fronte desta iniciativa para procurar unha maior conexión co Centro de Artes Dixitais que se está a construír no Gaiás e que entrará en funcionamento no vindeiro ano.

Santiago de Compostela, 07 de Novembro de 2025

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS