A Cidade da Cultura renova o seu compromiso para potenciar actividades inclusivas co colectivo de persoas xordas

A Xunta de Galicia fomenta a accesibilidade das persoas xordas e xordocegas á programación da Cidade da Cultura mediante a colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, en liña cos obxectivos da Lei de cultura inclusiva e accesible impulsada polo Goberno galego.

Santiago de Compostela, 18 de Xaneiro de 2026

A exposición ‘Mundo expandido. Entre o físico e o virtual’ chega en febreiro ao Museo Centro Gaiás

A Xunta de Galicia e Fundación Telefónica exhiben a partir de febreiro no Museo Centro Gaiás a exposición Mundo expandido. Entre o físico e o virtual, unha reflexión sobre os límites da realidade física e da simulación dixital, que explora a pulsión humana por crear e habitar mundos virtuais.

Santiago de Compostela, 17 de Xaneiro de 2026

Pequefilmes 2026

Pequefilmes fai 10 anos e volve ao Gaiás a celebrar o seu aniversario! O fin de semana do 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo poderedes gozar do mellor cinema miúdo na Cidade da Cultura. 

A programación desta cita imprescindible para grandes e pequenos afeccionados á sétima arte organízase en tres salas diferenciadas por idades recomendadas —Vagalumes, Miñocas e Fanecas— e obradoiros nos que a cativada poderá dar os seus primeiros pasos como cineastas.

A Xunta e a cámara de comercio promoven a formación dos profesionais do sector cultural galego na innovación tecnolóxica

A Xunta de Galicia e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela veñen de renovar o seu acordo para promover a formación dos profesionais das industrias culturais e creativas galegas no eido da innovación tecnolóxica. Trátase dunha colaboración que permite desenvolver desde cursos de xeración de experiencias con intelixencia artificial ata o uso de novas ferramentas na xestión do patrimonio.

Santiago de Compostela, 15 de Xaneiro de 2026 a Santiago de Compostela, 16 de Xaneiro de 2026

Programa de formación para empresas e profesionais culturais 2026

A Cidade da Cultura e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela presentan un programa de formación orientada a profesionais das industrias culturais e creativas galegas, cunha especial atención á innovación tecnolóxica. A través desta colaboración, o obxectivo é capacitar aos participantes no uso de novas ferramentas e técnicas aplicadas á xestión, produción e difusión de proxectos culturais.

Pequefilmes 2026 | Fanecas

Na sala Fanecas de Pequefilmes proxéctanse curtametraxes dirixidas a nenos e nenas a partir dos 7 anos de idade. O público que acuda ás proxeccións na Cidade da Cultura poderá votar polos seus filmes favoritos de cada sesión e o seu criterio será o que determinará un dos premios do festival.

As proxeccións poderán verse na sala de seminarios, no andar 0 do Museo Centro Gaiás e cada sesión ten unha duración aproximada de 50 minutos.

Pequefilmes 2026 | Miñocas

A sala Miñocas de Pequefilmes inclúe curtametraxes dirixidas a nenos e nenas a partir dos 4 anos de idade. O público que acuda ás proxeccións en sala na Cidade da Cultura poderá votar polos seus filmes favoritos de cada sesión e o seu criterio será o que determinará un dos premios do festival.

As proxeccións serán no Andar -1 do Museo Centro Gaiás e cada sesión durará aproximadamente 50 minutos.  

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS