Pequefilmes fai 10 anos e volve ao Gaiás a celebrar o seu aniversario! O fin de semana do 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo poderedes gozar do mellor cinema miúdo na Cidade da Cultura.
A programación desta cita imprescindible para grandes e pequenos afeccionados á sétima arte organízase en tres salas diferenciadas por idades recomendadas —Vagalumes, Miñocas e Fanecas— e obradoiros nos que a cativada poderá dar os seus primeiros pasos como cineastas.
Ademais, Pequefilmes permite ao público galego gozar, de balde, dunha escolma de películas proxectadas nas últimas edicións do prestixioso festival Clermont-Ferrand e dunha selección dos filmes premiados ao longo das dez edicións do certame galego.
As entradas están xa dispoñibles de maneira anticipada no despacho de billetes do Museo Centro Gaiás e en Ataquilla a un prezo de 3 euros máis gastos de xestión. Os horarios de proxeccións e obradoiros poden consultarse directamente pinchando na imaxe de cada sala.
- 3 salas: Vagalumes (0 a 3 anos); Miñocas (+4 anos) e Fanecas (+7 anos).
- Máis de 80 curtas internacionais procedentes de máis de 20 países.
- 8 sesións a concurso (Miñocas e Fanecas) onde poderás votar polas túas curtas favoritas.
**Ilustración: Sr Reny
PREMIOS DO PÚBLICO PEQUEFILMES 2026
Na súa aposta por fomentar o gusto polo cinema e a ollada crítica das audiencias máis novas, as nenas e nenos que asistiron a Pequefilmes exerceron tamén de xurado do festival valorando as curtas proxectadas. Estas foron a máis votadas nas dúas categorías a concurso, que foron galardoadas cos dous premios Pequefilmes 2026, cunha dotación de 1.500 euros:
![]() |
![]() |
| Premio Miñocas | «Lenas Hof: Volles Nest» Elena Walf | Alemaña O niño do esquío está ben acolchado para o frío inverno con todo tipo de obxectos roubados. Pero entón estala unha inundación e os animais do bosque foxen cara á granxa de Lena. Ao esquío gustaríalle axudalos… |
Premio Fanecas | «L'ourse et L'Oiseau» Marie Caudry | Francia o norte, o inverno achégase. Unha osa pensa no seu amigo paxaro, que emigrou cara ao sur. En lugar de hibernar como cada ano, decide atravesar o mundo para atopalo. Pero cando finalmente chega á illa, o paxaro xa non está alí |
PROGRAMACIÓN PEQUEFILMES 2025
![]() |
Pequefilmes Vagalumes. 0 a 3 anos. Sala de proxeccións do Museo Centro Gaiás (Andar 0). Consulta AQUÍ a programación e merca a túa entrada. |
![]() |
Pequefilmes Miñocas. +4 anos. Andar -1 Museo Centro Gaiás. Consulta AQUÍ a programación e merca a túa entrada. |
![]() |
Pequefilmes Fanecas. +7 anos. Sala de seminarios do Museo Centro Gaiás (Andar 0). Consulta AQUÍ a programación e merca a túa entrada. |
![]() |
Programa especial Clermont-Ferrand. Proxeccións na sala Miñocas (+4 anos) e Fanecas (+7 anos). De balde previa retirada de convite. Consulta AQUÍ a programación e colle entrada. |
![]() |
Programa especial 10 anos. Proxeccións na sala Miñocas (+4 anos) e Fanecas (+7 anos). De balde previa retirada de convite. Consulta AQUÍ a programación e colle entrada. |
OBRADOIROS
![]() |
Obradoiros de cinema. A partir de 5 anos. Andar -1 Museo Centro Gaiás. Consulta AQUÍ as quendas e merca a túa entrada. |









