Obradoiro 'A vida nun lápis' | Día da Ilustración na Biblioteca de Galicia 2026

Este ano 2026, o Día da Ilustración celebra a creatividade e o humor de Siro López, un dos caricaturistas máis recoñecidos da nosa Comunidade. Para festexar a súa obra, a cativada poderá participar neste obradoiro no que collerán lápis e cores, deixarán voar a imaxinación e descubrirán que debuxar tamén pode ser un xogo cheo de diversión.

Esta proposta achegará aos nenos e nenas á obra de Siro para coñecer de preto o seu estilo e a súa maneira de entender a ilustración. A partir das súas referencias, traballarase na creación de ilustracións propias inspiradas no seu universo creativo, experimentando con técnicas e estilos diversos e animando a perder o medo a probar cousas novas.

O obradoiro estará impartido por Yago García, ilustrador e psicólogo de formación, unha formación pouco habitual que o levou a entender o debuxo como algo máis ca unha disciplina artística: unha forma de pensar e expresare. Desde hai máis de dez anos, compaxina o seu labor profesional coa realización de obradoiros de debuxo, creatividade e cómic, nos que anima a nenos, mozos e persoas adultas a soltarse, divertirse e perder o medo á páxina en branco.