Diálogos | Exposición fotográfica de José Pardo e Jorge Meis

A exposición Diálogos reúne o traballo dos fotógrafos Jorge Meis e José Pardo nun proxecto que propón unha nova ollada sobre Ferrol desde a convivencia entre dúas miradas que dialogan entre si. Ambos autores, profundamente vencellados á cidade, constrúen un relato visual no que a experiencia persoal e o coñecemento do territorio se converten en eixo central.

A Cidade da Cultura e o Museo Provincial de Lugo promoven a creación dos xemelgos dixitais de dúas esculturas de Asorey

A Xunta de Galicia e o Museo Provincial de Lugo veñen de completar a dixitalización de dúas das esculturas máis destacadas que se exhiben na mostra Franscisco Asorey, unha recuperación necesaria da Cidade da Cultura.

Santiago de Compostela, 10 de Decembro de 2025

O espectáculo de música contemporánea ‘Karst’ impulsado pola Xunta nas Residencias artísticas do Gaiás chega a Roma en decembro

O proxecto de música, arquitectura e movemento Karst, xestado co apoio da Xunta de Galicia e o Festival RESIS da Coruña na Cidade da Cultura, estrearase internacionalmente en Roma o próximo 12 de decembro, dentro do festival Nuova Consonanza. O compositor galego Hugo Gómez-Chao e a arquitecta e deseñadora de moda Raquel Buj presentarán a obra nun formato que incorpora a danza cunha posta en escena espectacular.

Santiago de Compostela, 08 de Decembro de 2025

A experiencia inmersiva do Gaiás ‘Orixes’ aspira a obter un dos principais premios europeos de arte dixital

A experiencia inmersiva Orixes, promovida pola Xunta de Galicia, aspira este martes en Bruxelas a obter un dos principais premios internacionais das artes dixitais: os XR Awards na categoría de Mellor Experiencia Artística. A proposta, desenvolvida pola Cidade da Cultura e a empresa galega Maxina, é unha das tres únicas seleccionadas en España como finalistas.

Santiago de Compostela, 07 de Decembro de 2025

A Cidade da Cultura bate récord co seu programa de itinerancias expositivas con preto de 55.000 visitantes

A Cidade da Cultura bate récord co seu programa de itinerancias expositivas con preto de 55.000 visitantes no que vai de ano. En 2025, 11 mostras nadas no Gaiás viaxaron a cidades e vilas como Madrid, Zamora, Vigo, Pontevedra, A Coruña, Lugo, Baiona, Ponteareas ou Ribadavia. Con esta iniciativa, a Xunta de Galicia fornece de contidos a centros e institucións da Comunidade e leva expresións da cultura propia a outras cidades de España.

Santiago de Compostela, 06 de Decembro de 2025

Arrinca o Nadal no Gaiás coa instalación 'Soños de Argonautas', unha paisaxe de esferas luminosas e corredores inchables

A Xunta de Galicia convida as familias a descubrir na Cidade da Cultura a programación do Nadal no Gaiás, que hoxe arrinca coa apertura da instalación Soños de Argonautas. Esta proposta da arquitecta Nuria Prieto converte o Hall de Tirantes do Museo nunha paisaxe, feita con materiais de reciclaxe, de esferas luminosas e corredores inchables, presidida pola súa xa tradicional árbore de madeira.

Santiago de Compostela, 02 de Decembro de 2025

Concerto do grupo Fua | Nadal no Gaiás 2025-26

Un cuarteto de corda moi pouco convencional pón o ramo aos festexos deste Nadal no Gaiás! Con Daniel Canosa Castro ao violoncello, Pablo Quiroga González á viola e Jorge Galán Adega e Javier Ucha Fariña ao violín, o grupo Fua aposta por reinterpretar música moderna desde unha sólida formación clásica, achegando así estes instrumentos a un público máis amplo e diverso.

Versións de Elvis a Harry Styles, de A-há a Coldplay... unha proposta musical ideal para todos os públicos e da que gozarán tanto os máis pequenos e pequenas da casa como as persoas adultas.

Un mural colectivo que reivindica a igualdade de xénero e a loita contra as violencias machistas no Museo Gaiás

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, visitaron hoxe o inicio do obradoiro para crear un mural colectivo pola igualdade de xénero na Cidade da Cultura con motivo do 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.

Santiago de Compostela, 25 de Novembro de 2025

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS