Descubre cantos macro e micro plásticos hai no mar | Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca de Galicia 2025

Obradoiro divulgativo sobre a presenza e o impacto do lixo mariño, baseado no traballo científico do Centro Oceanográfico de Vigo. Combinarase a parte teórica con material visual, como imaxes, gráficos e vídeos curtos, e co equipamento empregado na monitorización, como manta de mostraxe e lupa binocular.

Mago, científico... Por que non as dúas á vez? | Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca de Galicia 2025

Pode un obradoiro ser un divertido espectáculo de maxia?

Pódese ser á vez un mago e un científico?

Durante 60 minutos terás que prestar toda a túa atención para descubrir e aprender os xogos e trucos de maxia que os expertos e expertas do CSIC traen á Biblioteca de Galicia. Así poderás converterte en mago/a e sorprender na casa e no cole cos teus trucos de maxia.

 
 

E ti de quen vés sendo? Aprende a identificar madeiras xogando | Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca de Galicia 2025

Neste obradoiro a rapazada aprenderá xogando sobre arqueobotánica, a ciencia que estuda as plantas que utilizaban as persoas fai moitísimos anos. Convertiranse en pequenos investigadores e investigadoras do Laboratorio de Arqueobotánica do INCIPIT (CSIC). Mirando cunha lupa os carbóns das escavacións arqueolóxicas e xogando con imaxes ampliadas de diferentes tipos de madeira, tentarán adiviñar de cal se trata. Descubrirán como é por dentro unha árbore, que historias gardan os seus aneis, para que se empregaba a madeira antigamente e moito máis.

Domingo Fontán. O primeiro rostro de Galicia | Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca de Galicia 2025

A figura do matemático e xeógrafo Domingo Fontán é fascinante. Hai case 200 anos dedicouse á elaboración do Mapa Cartográfico de Galicia, un proxecto ao que dedicou 17 anos da súa vida. En 1817 iniciou a súa travesía por toda Galicia, anotando cada montaña, río, ponte ou igrexa nun territorio de máis de 29.000 km², sen deixar ningún metro sen percorrer, rexistrar ou medir. Este foi o primeiro mapa realizado con rigor científico en España.

Rueda reivindica o legado artístico de Asorey como símbolo da identidade e universalidade galegas

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na Cidade da Cultura na inauguración da exposición Francisco Asorey, unha recuperación necesaria, considerado o último gran proxecto expositivo da institución deste 2025. O titular do Goberno galego subliñou que a mostra é unha homenaxe tanto ao escultor cambadés como á propia Galicia, pola súa capacidade de expresar na pedra e na madeira a identidade dun pobo aberto ao mundo: “Asorey tallou na pedra o carácter dun pobo. Esa Galicia orgullosa das súas raíces e aberta ao mundo”, destacou o presidente.

Santiago de Compostela, 28 de Outubro de 2025

Libros que nos fan ser. Conversa sobre lecturas que inspiran, curan e alimentan | Con motivo do Día da Lectura | Biblioteca de Galicia

¿Recoñeces ese formigueo ao soster un libro por vez primeira?

No Día da Lectura a Biblioteca de Galicia celebra o amor polos libros cunha conversa entre Lorena Bembibre, médica e lectora militante creadora da conta @loeenlasnubes; Emma Pedreira, escritora e bibliópata confesa; e Carlos Negro, escritor e crítico literario.

O Gaiás acolle en novembro o foro 'Sinte' de arte e cultura dixital con figuras de referencia internacional

A Cidade da Cultura acollerá en novembro a primeira edición de SINTE. Foro internacional de arte e cultura dixital, un encontro que nace co obxectivo de abrir un espazo de reflexión e diálogo ao redor dos retos e oportunidades da creación dixital contemporánea.

Santiago de Compostela, 25 de Outubro de 2025

Anxo M. Lorenzo inaugura no Gaiás unha exposición fotográfica para visibilizar a realidade das persoas con dano cerebral adquirido

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe no Museo Centro Gaiás a exposición fotográfica Contemos Multitudes. Dano Cerebral Adquirido: onde as cousas volven a estar ben, que propón visibilizar a realidade das persoas que conviven con esta discapacidade. A iniciativa,  liderada por Dano Cerebral Galicia, conta co apoio da Xunta de Galicia a través das Consellerías de Cultura, Lingua e Xuventude e de Política Social e Igualdade.

Santiago de Compostela, 22 de Outubro de 2025

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS