Cidade Imaxinaria 2015
Traslado de escenario: ante as previsións de choiva para este sábado, Cidade Imaxinaria trasládase ao Museo Centro Gaiás. Mesmo horario, mesmo programa, distinto escenario.
Traslado de escenario: ante as previsións de choiva para este sábado, Cidade Imaxinaria trasládase ao Museo Centro Gaiás. Mesmo horario, mesmo programa, distinto escenario.
Sabes por que a cuncha de vieira é o símbolo da peregrinación? E como chegaron a Compostela tantas reliquias de países lonxanos? Sabías que durante o século XVII, a cidade de Santiago se convertiu no destino preferido dos nobres europeos? Pois todo isto e moito máis podes descubrilo na app gratuíta Camiño.
Xa temos o nome dos setenta creadores seleccionados para participar no V Encontro de Artistas Novos “Cidade da Cultura”, que terá lugar do 7 ao 11 de setembro deste ano no Gaiás.
O TEDxGalicia, evento dedicado á difusión de ideas innovadoras, terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia o 19 de setembro.
A Cidade da Cultura de Galicia será neste 2015 o escenario do TEDxGalicia, evento no que se difunden ideas innovadoras, inspiradoras e dignas de ser compartidas. O sábado 19 de setembro, o Museo Centro Gaiás acollerá a sexta edición deste evento no que os participantes poderán escoitar destacados relatorios en vivo, combinados co visionado de vídeos das coñecidas TedTalks, co obxectivo de favorecer a reflexión e o debate.
Coñecemos o Camiño Primitivo, o do Norte, o da Vía da Prata… e, por suposto, o Francés. Milleiros de peregrinos chegan cada ano a Compostela a través destas rutas históricas nadas orixinariamente como vehículo de culto e que, co paso dos séculos, abriu o camiño para contactos culturais, artísticos, ideolóxicos… e comerciais.
A Cidade da Cultura acollerá mañá, martes 21 de xullo, a Reunión Anual de Directores do Instituto Cervantes, que inaugurará a Raíña Doña Letizia. Este encontro fixará a estratexia da institución e abordará en profundidade dous grandes retos que suporán novas responsabilidades para o Instituto: as leis de nacionalidade para estranxeiros residentes e para sefardíes, e a certificación do español a través do diploma oficial DELE e do futuro certificado SIELE.
Foi durante trescentos anos a capa que cubriu ao Apóstolo, recibiu o abrazo de miles de millóns de peregrinos e no 2004 convertiuse nunha das xoias da coroa do Tesouro da Catedral de Santiago. Falamos da Esclavina do Santo Apóstolo que durante séculos foi abrazada e esquilmada ata quedar apenas con algunhas das moitas pedras fermosas que posuía, tal e como pode verse na exposición Camiño. A orixe, en exposición ata o 13 de setembro de 2015 no Museo Centro Gaiás.
A Cidade da Cultura está a participar en Uruguai no primeiro Encontro de Artistas Novos que se celebra fóra do Gaiás, e no que participan como artistas convidados os creadores galegos Félix Fernández e Jorge Perianes.
A Cidade da Cultura conmemorará os 100 anos da teoría xeral da relatividade de Einstein coa presenza da figura feminina máis importante da física mundial: a profesora da Universidade de Harvard, Lisa Randall.
O Centro de Innovación Cultural (CINC) do Gaiás será o escenario deste encontro científico organizado polo físico e divulgador galego Jorge Mira e polo profesor de Física Teórica da USC José Edelstein, no que tamén intervirá o profesor Javier Mas Solé.