Día dos Museos 2015

Neste 2015, a Cidade da Cultura celebra o Día dos Museos por partida triple. Do 16 ao 18 de maio, o Gaiás celebra xornadas de portas abertas, visitas guiadas especiais, obradoiros, xogos, conferencias, concertos e todo un programa de actividades baixo o patrocinio de Vodafone que farán que entrar no museo sexa unha experiencia máis que divertida.

Uruguai importa o EAN

Uruguai importa o Encontro de Artistas Novos ‘Cidade da Cultura’ (EAN) promovido por Cultura e Educación e que desde setembro de 2011 se celebra no Gaiás co obxectivo de que creadores emerxentes dean a coñecer os seus traballos e debatan con outros axentes ao redor da arte contemporánea.

Santiago de Compostela, 16 de Abril de 2015

Santiago del Espaldarazo, o santo que investía cabaleiros

A exposición Camiño. A orixe está chea de obras de arte, pezas históricas e obxectos de alto valor patrimonial. Pero máis alá da súa valía, moitas delas agochan historias insólitas, curiosas e, sobre todo, descoñecidas para o visitante, que ao longo dos meses que dure a mostra tentaremos descubrirvos.

Unha das pezas máis curiosas é, sen dúbida, o Santiago del Espaldarazo, unha figura articulada que segundo a tradición era utilizada para armar cabaleiros.

Galego

Romeo e Xulieta

A Cidade da Cultura adiántase á celebración do Día Internacional da Danza, que se celebra en todo o mundo o 29 de abril, coa posta en escena dunha adaptación moi especial da obra Romeo e Xulieta de William Shakespeare vista a través do ballet composto por Sergei Prokofiev. 

Inaugurada a exposición 'Camiño. A orixe'

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse á exposición Camiño. A orixe como mostra da satisfacción que sente Galicia por ser a orixe do mundo xacobeo, “unha cultura de portas abertas que recibe e exporta influencias”. “Podemos afirmar con orgullo que Compostela e a Ruta Xacobea son un dos principais motivos de inspiración cultural universal. Boa proba diso é a procedencia do que aquí se expón.

Santiago de Compostela, 13 de Marzo de 2015

Alianza Gaiás-Concello de Santiago a prol do emprendemento

A concelleira de Economía, Reyes Leis, e a xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González-Loroño, asinaron hoxe no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración para a programación de actividades conxuntas de fomento do investimento e da cultura emprendedora que se celebrarán ao longo do ano na propia Cidade da Cultura.

Santiago de Compostela, 03 de Marzo de 2015

A 'Cidade do Futsal' volve en abril ao Gaiás

O Gaiás acollerá os días 11 e 12 de abril a segunda edición da Cidade do Futsal, actividade pensada para nenos de 6 a 12 anos que combina un torneo de fútbol sala cunha zona de lecer.

O patrocinador do evento deportivo deste ano  Viaqua, e os colaboradores Fundación Cidade da Cultura e Concello de Santiago de Compostela, apostan por promover o deporte do fútbol sala entre os máis pequenos e o compromiso co medio ambiente e, en xeral, coa cidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 27 de Febreiro de 2015

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS