- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH
Comezan as obras do Xardín Literario no Gaiás
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia iniciará nos próximos días as obras do Xardín Literario, o proxecto deseñado pola arquitecta galega Isabel Aguirre de Úrcola que transformará nun espazo verde dedicado ás letras galegas e ao goce da natureza un dos baleiros dos edificios non construídos do Gaiás.
Vive un Nadal diferente no alto do Gaiás
A Cidade da Cultura convida a vivir un Nadal diferente no alto do Gaiás coa programación especial que ten preparada do 19 de decembro ao 2 de xaneiro para gozar en familia.
Nadal no Gaiás'15
Move o teu corpo a ritmo de swing, sé fotógrafo por un día, convértete no rei da pista, degusta os mellores produtos galegos e goza coa mellor música solidaria. Se queres vivir un Nadal distinto, sube ao Gaiás. Porque temos preparada unha programación especial para gozar destas festas.
Cancións por regalos
Estrea o ano coa enerxía dos monos furiosos. Os Furious Monkey House, cinco rapaces de Pontevedra considerados a banda infantil revelación, veñen de gravar un disco nos míticos estudios Abbey Road de Londres e actuarán o sábado 2 de xaneiro no Gaiás para facervos comenzar o ano cunha mistura de música potente e solidariedade.
Xunto a éles, Eladio Santos, cantante de Eladio e os Seres Queridos e Sleeping Cat, o grupo liderado por Jerry Noia, que presentarán actuacións cheas de guiños ao público infantil.
Vive os Findes na balea!
A Cidade da Cultura convida aos máis pequenos a subir ao Gaiás durante as fins de semana e converterse en grandes artistas. Será grazas ao programa lúdico Findes na balea, actividades creativas e de balde coa que os nenos poderán experimentar ao redor da fotografía mentres que os maiores terán a oportunidade de achegarse á nova mostra da Cidade da Cultura: José Suárez.
Findes na balea
Imaxina un lugar onde as imaxes cobran vida, os protagonistas son de carne e óso e o artista es ti. Todos os sábados e domingos, ese lugar podes atopalo no Museo Centro Gaiás, que por unhas horas se converte nun lugar cheo de creatividade, diversión e fantasía, no que poder dar renda solta a túa imaxinación.
Abre as súas portas no Gaiás a mostra 'José Suárez. Uns ollos vivos que pensan'
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convida a descubrir a figura do fotógrafo galego José Suárez a través da nova exposición da Cidade da Cultura, que abriu hoxe as súas portas no Museo Centro Gaiás. José Suárez. Uns ollos vivos que pensan preséntase como a maior exposición realizada ata o momento sobre o fotógrafo de Allariz, considerado un dos grandes nomes da fotografía do século XX.
José Suárez revélase sobre un veo de 18 metros de altura creado por Alfonso Penela
Unha atmosfera envolvente, un telón que se estende ata o infinito, unhas imaxes que xorden ante a ollada do espectador. Este é o escenario que o arquitecto Alfonso Penela está a construír no Museo Centro Gaiás para José Suárez. Uns ollos vivos que pensan, exposición comisariada por Xosé Luis Suárez Canal e Manuel Sendón que poderá visitarse na Cidade da Cultura desde este venres, 13 de novembro, ata o 27 de marzo de 2016.
'José Suárez. Uns ollos que pensan' abre as súas portas no Gaiás o 13 de novembro
O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura acollerá desde o 13 de novembro José Suárez. Uns ollos vivos que pensan, a maior exposición realizada ata o momento sobre este fotógrafo de Allariz, considerado un dos grandes nomes da fotografía do século XX.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 206
- 207
- 208
- 209
- 210
- 211
- 212
- 213
- 214
- …
- seguinte ›
- última »
