Camiño. A orixe

Emprender unha viaxe que nos devolva ao minuto un, ao xermolo, á causa primixenia dun fenómeno histórico e cultural que perdura ata os nosos días: o da peregrinación. Este é o convite que realiza a Cidade da Cultura de Galicia coa exposición Camiño. A Orixe, un proxecto dirixido por María García-Alén e que presenta unha selección de 150 obras de arte e once intervencións artísticas que ofrecen unha visión contemporánea da ruta xacobea.

820 d.C. é o punto de partida desta viaxe que comeza co eremita Paio atopando a tumba do Apóstolo, a comunicación do achado ao bispo Teodomiro e o traslado de toda a corte do rei Alfonso II o Casto á que co paso dos séculos sería a Compostela actual. Con obras mestras de grandes artistas como Durero ou Murillo procedentes de recoñecidas institucións, dende a Galería Uffizi ao Museo do Prado, Patrimonio Nacional ou a Catedral de Santiago, e outras pezas dun alto valor cultural, Camiño. A Orixe desprégase polos andares 1 e 2 do Museo Centro Gaiás dividida en tres partes: Santiago o Apóstolo, o Camiño e o Peregrino.

Camiño. A Orixe complétase co proxecto Lugares xacobeos, once intervencións artísticas realizadas por creadores da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, que establecen un diálogo a modo de correlación espacial, superpoñendo o trazado da cidade histórica de Santiago co da Cidade da Cultura.

 
Exposicións
 
Bastón de peregrinos
 
 
00:00