TEDxGalicia

A Cidade da Cultura de Galicia será neste 2015 o escenario do TEDxGalicia, evento no que se difunden ideas innovadoras, inspiradoras e dignas de ser compartidas. O sábado 19 de setembro, o Museo Centro Gaiás acollerá a sexta edición deste evento no que os participantes poderán escoitar destacados relatorios en vivo, combinados co visionado de vídeos das coñecidas TedTalks, co obxectivo de favorecer a reflexión e o debate. As entradas para as charlas TEDXGalicia xa están esgotadas, pero, como novidade, a mañá do sábado haberá un amplo programa de actividades abertas a todo o mundo e que inclúen non só charlas na Sala Eisenman, senón tamén unha sesión vermú coa banda De Vacas.

Como novidade deste ano, o TEDxGalicia estará ligado moi especialmente á cultura e á creatividade, converxendo cun dos obxectivos clave da Cidade da Cultura e do seu Centro de Emprendemento. Así, baixo a temática Realidades tras a percepción, esta sexta edición do TEDxGalicia comezará ás 16:00 horas no Museo Centro Gaiás e extenderase ata as 20:00 horas. As entradas poderán retirarse no Museo a partir das 10.30 da mañá.

Aquí podedes consultar o panel de 'speakers':
http://www.tedxgalicia.com/2015/09/01/panel-2015/

Actividades sábado á mañá. Abertas a todo o mundo

Non obstante, o TEDxGalicia 2015 contará cunha serie de actividades abertas a todo o mundo que terán lugar na mañá do sábado 19. Ademais do TEDxGaliciaU, no que se pon a disposición dos participantes un espazo para presentar a súa idea, o evento contará coa participación de speakers doutras edicións que, en grupos reducidos, permitirán unha interacción maior da que tiveron no seu momento.

11.00h - TEDxGaliciaU (1)

Na Sala Eisenman, ás 11.00h teremos a primeira sesión do TEDxGaliciaU. Unha serie de charlas de duración en torno aos 10 minutos. Coordinado por Javier Cebreiros (TEDxGalicia 2012) Cun formato asemellable ao TEDxGalicia, que terá lugar pola tarde, e nesta primeira sesión contará coas intervencións de:

  • Toño Escudero. Trasmitir motivación aos demáis, a creatividad no desenvolvemento de proyectos e a cercanía coas persoas definen a súa maneira de traballar.
  • Francisco Lorenzo e Alfonso J. Rúa. Francisco. Francisco representa o hemisferio dereito, e Alfonso, hemisferio esquerdo de Inteligencia Divergente. O primero, superdotado; o segundo, normal. E os dous daltónicos.
  • Andrea Comesaña. Adicta ás viaxes, fan da tecnoloxía educativa, mestra e aprendiz.
  • Concha Diéguez. Licenciada en Filoloxía e experta en Comunicación. Desde hai máis dunha década traballo para mellorar aspectos da comunicación oral e escrita, con persoal de entidades públicas e privadas. 
  • Javier Gil. Defínese como un incansable explorador do mundo interno e alguén que cree no inmenso potencial que as persoas atesouran.

12.00h - Intermedio

  • Inauguración da microgalería de 7H Cooperativa MicroBios. Esta minúscula galería pretende devolver o valor artístico ao contido, xogando coa reducción do continente e achegando deste xeito a arte contemporánea á sociedade desde unha perspectiva distinta e pouco convencional, totalmente alongada da crenza de que as galerías son institucións elitistas que están abertas só a uns poucos privilexiados.
  • Visita guiada á Cidade da Cultura. Coñece o complexo Gaiás para coñecer máis de preto os segredos deste proxecto arquitectónico único e singular | Require inscrición enviando un correo a 2015@tedxgalicia.com | Prazas limitadas con preferencia a participantes do TEDxGalicia | Esta actividade realizarase se contamos cun grupo mínimo de participantes.
  • Cata sensorial. GulaGalega Gourmet, organiza unha cata conxunta de queixo e viño alvariño para ir espertando as percepcións a través de outros sentidos | Require inscrición enviando un correo a 2015@tedxgalicia.com | Prazas limitadas con preferencia a participantes do TEDxGalicia | Realizarase se contamos cun grupo mínimo de participantes.
  • Exposición. Neste intervalo de tempo continuarán expostas as creatividades na mesma Sala Eisenman.

1230h - TEDxGaliciaU (2)

Segunda sesión do TEDxGaliciaU coas intervencións de:

  • Xosé Luis Reza. Presidente de Markea e do Cluster da Comunicación Gráfica de Galicia. Socio Consultor Iuni consulting.
  • Victor Grande. Cómico, informático e zurdo. É dicir: un pringao, un antisocial e un antisistema. 
  • Hugo García. Foi paracaidista sen se percatar e agora escalador por necesidade.
  • José Rodríguez. Físico apaixoado das Smart Home e as relacións personáis. Motivado por participar en novos proxectos relacionados coa IoT e a enerxía.
  • Teresa Egerique. Nai e Doutora en Periodismo,Teresa estudia e trabaja polo bo uso das redes sociais e por unha comunicación útil e de calidade.

13.30h - Sesión Vermut

Introdución por Lucía Santiago contando os resultados tras o reto que supuxo a súa intervención no TEDxGalicia 2014 e concerto do grupo musical De Vacas.

 
Visitar
 
 
00:00