Fallados os III Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

Unha plataforma de consumo colaborativo de equipos e servizos audiovisuais, unha liña de produtos infantís vinculados ao deseño e unha consultoría especializada en innovación e cultura. Estes son os tres proxectos gañadores da terceira convocatoria dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, promovidos pola Fundación Cidade da Cultura para poñer en marcha ideas innovadoras no mundo das industrias culturais, que vén de fallar a consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 22 de Setembro de 2015

Rosalía na voz da xente

AVISO: Aprázase ao 30 de setembro a xincana prevista para o 15 debido ao mal tempo. A organización contactará estes días con todos os inscritos. Pregamos desculpen as molestias.

A Biblioteca de Galicia dedica o mes de setembro á figura de Rosalía de Castro. A través dunha posta en escena teatral e con formato de xincana, os actores e actrices propóñenlle aos participantes unha serie de retos que van ter que superar de maneira cooperativa.

Cidade Imaxinaria trasládase ao Museo Centro Gaiás

Cidade Imaxinaria 2015 trasládase ao Museo Centro Gaiás. As previsións de choiva constante para este sábado, 22 de agosto, obriga a cambiar de escenario pero non de programación. De 11 a 21 horas, o Museo Centro Gaiás acollerá os preto de cincuenta espectáculos, xogos e obradoiros previstos para a praza central. Con entrada libre e de balde.

Santiago de Compostela, 20 de Agosto de 2015

Quen é o fillo do Trono?

En Compostela é o Apóstolo. En Galilea, o fillo de Zebedeo. En Xerusalén, o Maior. E para Xesús, o fillo do Trono. Pero quen foi a persoa pola que cada ano chegan a Galicia milleiros de peregrinos? Dar resposta a esta incógnita é o que pretende a primeira parte da exposición Camiño. A orixe, que ofrece unha unha viaxe ao pasado, unha volta á orixe, á Palestina do século I d. C, para desvelarnos quen foi o home, o santo, o mito. Como viviu, como actuou, que o levou a converterse nunha lenda. 

Galego

Por que a vieira é o símbolo do peregrino?

O bordón, a cabaza e a vieira. Estes son os tres símbolos do peregrino por excelencia. Mais só un identificaba ao camiñante que, tras alcanzar a súa meta, regresaba ao seu lugar de procedencia. Falamos da cuncha, un elemento que co paso dos séculos se convertiu en símbolo de xenerosidade, unha virtude que, desde o momento no que se chegaba o final do Camiño, debería acompañar ao camiñante o resto dos seus días.

Galego

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS