O Pórtico da Gloria de Villaamil, o cadro ‘maldito’ na Moncloa

Vermellos, azuis, brancos, negros e dourados. Alguén asociaría o Pórtico da Gloria, xoia indiscutible da Catedral de Santiago, con estas vibrantes cores? Pois a pesar de que os nosos ollos non poden contemplalos, eses eran os tonos que lucía unha das maiores xoias do patrimonio artístico galego e meta última de todo peregrino.

Galego

Gallardete de Lepanto, o símbolo da victoria cristiá sobre o Imperio otomano

Xunto coa figura do Apóstolo Santiago, a súa vida e milagres; a exposición Camiño. A orixe conta con pezas que narran a lenda do Santiago guerreiro, da figura do Santiago cabaleiro utilizado desde a Reconquista para dar forma á indentidade nacional ata convertirse no Patrón de España.

Galego

Aberta a convocatoria para o V EAN

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha o V Encontro de Artistas Novos ‘Cidade da Cultura’, no que setenta creadores emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea ao longo de catro días de convivencia e intercambio de experiencias con outros axentes culturais. 

Santiago de Compostela, 24 de Abril de 2015

Getting Contacts! ou como obter 10 novos contactos nunha mañá

“Ninguén se quere achegar a un loitador de sumo. Sonreíde!”. Juanjo Villalobos, especialista en técnicas de networking, explicaba  así a actitude precisa para xerar contactos de calidade aos 154 profesionais que esta mañá se achegaron ao Centro de Emprendemento do Gaiás para participar na xornada Getting Contacts!.

Este evento, organizado pola Cidade da Cultura e o Concello de Santiago, baséase nunha sinxela, pero efectiva metodoloxía para favorecer o networking, conectando a empresas con clientes, proveedores ou colaboradores.  

Galego

V Encontro de Artistas Novos

A Cidade da Cultura de Galicia convértese por quinto ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS