Celebramos o 150 aniversario de 'Alicia no país das marabillas'

A Cidade da Cultura celebrará o vindeiro 5 de novembro o 150 aniversario dun dos libros imprescindibles da literatura universal: Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll. Será nunha nova entrega de Nexos convida..., na que se reciben visitas imprevistas e se conversa con figuras de recoñecido prestixio das letras, as artes e o pensamento.

Santiago de Compostela, 22 de Outubro de 2015

Entregados os III Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu esta tarde na Sala Eisenman do Gaiás á entrega dos III Premios ‘Emprende Gaiás-Sixto Seco’, galardóns promovidos pola Fundación Cidade da Cultura para poñer en marcha ideas innovadoras no mundo das industrias culturais. Os premiados desta terceira convocatoria foron a plataforma de consumo colaborativo de equipos e servizos audiovisuais Conetcam, a liña de produtos infantís vinculados ao deseño

Santiago de Compostela, 20 de Outubro de 2015

Novembro científico na Biblioteca de Galicia

Flora, fauna, inscricións antigas, moléculas... A ciencia non é só reaccións químicas e experimentos nun laboratorio. A ciencia é moito máis. E para demostralo, a Biblioteca e Arquivo de Galicia, da man do CSIC Galicia xunto co Instituto de Investigacións Mariñas, o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia e Misión Biolóxica de Galicia e Instituto de Ciencias del Patrimonio, celebran durante todo o mes de novembro actividades familiares que descubrirán novos aspectos do mundo científico.

Galego

Fairway chega este xoves ao Gaiás

FairWay, o I Forum del Camino de Santiago reunirá do 15 ao 18 de outubro en Santiago de Compostela aos principais expertos na Ruta Xacobea e noutras rutas de peregrinación, pero tamén será un punto de encontro para todas aquelas empresas vinculadas cos seus produtos ou servizos ao Camiño de Santiago.

Santiago de Compostela, 13 de Outubro de 2015

Román Rodríguez agradécelle aos patrocinadores da mostra 'Camiño. A orixe' o seu compromiso coa cultura e co Gaiás

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mostroulles hoxe o seu agradecemento os patrocinadores da mostra ‘Camiño. A orixe’ que, desde o 13 de marzo ao 13 de setembro, fixo un relato da ruta xacobea a través de 150 obras de arte. 

Santiago de Compostela, 02 de Outubro de 2015

Magosto no Gaiás: Música para o baile con O Fiadeiro e Os Cempés

Magosto no Gaiás volve este outono para facernos un convite que non podemos rexeitar: un día de música para o baile. A partir das 21:00 horas, o Museo Centro Gaiás contará coas actuacións dos pandereteiros de O Fiadeiro e Os Cempés, que achegarán o público a un repertorio de músicas tradicionais para un obxectivo único: bailar. E nesta labor acompañarannos as asociacións de baile A Monteira de Vigo, Seráns de Santiago de Compostela e Danzalia Mundi da Coruña.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS