Nexos: un aperitivo cultural para as mañás dos sábados

A Cidade da Cultura convídavos a un aperitivo cultural un sábado ao mes. Será a través de Nexos, o ciclo de cultura contemporánea que establece un diálogo entre diversas áreas do coñecemento en sesións que combinan relatorios con actuacións artísticas.

Nexos 2015 recupera vellos sinais de identidade como a súa celebración na Biblioteca e Arquivo de Galicia e o convite a un viño posterior ás sesións.

Galego

Venres Emprendedores

Emprender é, sobre todo, unha actitude, unha cultura, unha forma de ver a vida e de transfomar as ideas en produtos, en servizos, en melloras. Con esta filosofía, o Centro de Emprendemento do Gaiás pon en marcha os Venres Emprendedores, unha cita mensual con profesionais que no seu día deron o paso e hoxe constitúen un caso de éxito.

A Biblioteca de Galicia propón unha nova viaxe pola Imprenta

A Biblioteca de Galicia pon en marcha catro obradoiros sobre A Imprenta, nos que os participantes poderán coñecer o proceso de elaboración de libros no século XV, coñecer o paso da escritura manuscrita á imprenta e utilizar diversas técnicas creativas así como  dar renda á creatividade persoal.

Dedicado a rapaces de entre 6 e 10 anos, os obradoiros -de 90 minutos de duración- son de balde previa inscrición (a inscrición é individual para cada un dos catro obradoiros).

Galego

Planta unha árbore no Bosque de Galicia

A Cidade da Cultura de Galicia convida á cidadanía a participar dunha forma simbólica na construción do Bosque de Galicia plantando unha árbore  no Gaiás. A través da Fundación Cidade da Cultura e co apoio da Fundación USC Deportiva, persoais individuais ou en grupos poderán acudir os sábados pola mañá e contribuír a encher de vida as ladeiras do monte Gaiás.

Santiago de Compostela, 09 de Febreiro de 2015

Febreiro: un mes dedicado ás artes escénicas

Espectadores que se converten en deputados e ata elixen a duración da obra, un museo feito praia grazas a dúas toneladas de area, dez persoas preparados para a resistencia aprendendo un soneto de Shakespeare, un ring de boxeo feito espazo de danza compartido por público e bailaríns, un escenario que se sente libre ata para prescindir de actores… Do 4 ao 21 de febreiro, todo cambia no Gaiás.

Galego

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS