López Campos destaca o apoio á creación escénica independente de 'Escenas do cambio' como piar dunha cultura inclusiva onde todas as voces teñen cabida

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou esta tarde no arranque do festival Escenas do cambio, impulsado pola Xunta de Galicia, cita imprescindible do calendario cultural galego para a creación escénica independente. Do xoves 8 ao domingo 11 de maio, a Cidade da Cultura e o Salón Teatro acollen un total de 15 espectáculos e encontros que conectan ao público galego con artistas e compañías procedentes de oito países: España, Alemaña, Australia, Bélxica, Corea do Sur, Cuba, Portugal e Suíza.

Santiago de Compostela, 08 de Maio de 2025

Serán’04. IV Encontro Galego de Cultura Popular. Baile e música tradicional

O noso baile e música de raíz volven ateigar o Gaiás de muiñeiras e aturuxos, de alalás e pandeiradas: o Serán regresa á Cidade da Cultura —encadrado na programación destas Letras Galegas 2025— e coincidindo co arranque do verán e a celebración do Día Europeo da Música. Entre o 20 e o 22 de xuño de 2025, ata un milleiro de artistas, intérpretes e especialistas na música e o baile tradicional de Galicia reuniranse na Cidade da Cultura neste IV Encontro Galego de Cultura Popular.

Da noite ao día, habitando o Museo Gaiás | Día internacional dos Museos 2025

O Museo Centro Gaiás abre as súas portas á noitiña con motivo do Día Internacional dos Museos e propón unha serie de visitas especiais para experimentalo como espazo acolledor, contemporáneo e cargado de posibilidades. Ao longo de dúas xornadas, o sábado 17 e o domingo 18 de maio, poderedes habitar o museo gozando de música en directo e dun petisco para acompañar o baile, mergullándovos en experiencias inmersivas e interactivas e tamén descubrir como funciona por dentro o grande espazo expositivo da Cidade da Cultura.

Escenas do cambio arrinca o próximo xoves con 15 espectáculos para afondar no presente a través da música, a danza, o teatro e as artes vivas

O festival Escenas do cambio, impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, ten todo a punto para iniciar o vindeiro xoves 8 de maio a súa exploración do momento presente a través da danza, a música, o teatro e as artes vivas de vangarda.

Santiago de Compostela, 04 de Maio de 2025

Re—Cantos, interpretación compartida das cantigas de Adolfina e Rosa | Letras Galegas no Gaiás 2025

Este 17 de maio, cantamos xuntas no Gaiás! Súmate a esta proposta dunha interpretación compartida dunha das cantigas de Adolfina e Rosa Casás Rama: unha actividade participativa coa que convidamos á cidadanía a unírmonos arredor da nosa música tradicional coa celebración das Letras Galegas como pano de fondo.

Cuarta convocatoria de las ayudas para Residencias Artísticas en O Gaiás con 8.000€ por proyecto incluyendo por primera vez las artes digitales

La Xunta de Galicia convoca por cuarto año consecutivo las ayudas al desarrollo de proyectos artísticos en el marco de las Residencias Artísticas del Gaiás. Como novedad, esta edición incorpora las artes digitales entre las disciplinas creativas que pueden optar a la convocatoria, junto con las artes escénicas, visuales, la música y el diseño. En total, se ofertan seis ayudas dotadas con 8.000 euros cada una, dos de ellas reservadas para propuestas escénicas.

Santiago de Compostela, 24 de Abril de 2025

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS