Outra mirada | Andaina miradoiro

Desta vez non imos mirar cara á Cidade da Cultura senón desde a Cidade da Cultura: como todos os montes, o Gaiás ofrécenos todo un conxunto de miradoiros que nos dan a oportunidade de contemplar vértices xeodésicos, torres centenarias, niños de dragón ou colexiatas retortas.

Entre foto de paisaxe e foto de paisaxe (acordádevos de levar batería no móbil!) tamén vos contaremos historias sobre  algúns dos fitos que se deixan ver dende as alturas do Gaiás.

«Karst» | RESIS en Residencia

A Cidade da Cultura volve acoller dentro do seu programa de Residencias Artísticas do Gaiás unha nova creación en colaboración co Festival RESIS de Música Contemporánea. Karst é o nome do proxecto no que están a traballar o compositor Hugo Gómez-Chao e a deseñadora de moda e arquitecta Raquel Buj, unha proposta que hibrida música, danza e investigación biomaterial e que se materializará nun concerto e instalación artística, ambos conectados, na igrexa de Santo Domingo de Bonaval, o xoves 22 de maio.

A Xunta homenaxea ás mulleres que mantiveron viva a poesía oral na mostra ‘Tesoureiras do noso’ con motivo das Letras Galegas

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia Tesoureiras do noso, a mostra que, con motivo do Día das Letras Galegas, homenaxea a todas as mulleres que mantiveron viva a poesía oral tradicional. 

Santiago de Compostela, 16 de Maio de 2025

O Serán'04 reunirá en xuño no Gaiás un milleiro de intérpretes de música e baile tradicional

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, avanzou esta mañá o programa da IV edición do Serán, Encontro Galego de Cultura Popular, un evento protagonizado pola nosa música e baile tradicional que regresa ao Gaiás no marco da programación das Letras Galegas. Entre o 20 e o 22 de xuño, o Serán’04 reunirá na Cidade da Cultura ata un milleiro de artistas e intérpretes e 40 agrupacións de baile, canto e pandeireta.

Santiago de Compostela, 13 de Maio de 2025

Boris Savelev. Viewfinder, unha forma de mirar

BORIS SAVELEV. Viewfinder, unha forma de mirar é a retrospectiva máis ampla realizada ata agora do fotógrafo Boris Savelev (Chernivtsi, Ucraína, 1947), artista premiado en PHotoEspaña 2024 cuxa mirada se forxou na Unión Soviética nos anos 70. Foi aló, primeiro como parte do prestixioso club Novator e máis adiante como freelance para publicacións rusas e estranxeiras, onde comezou a capturar instantáneas á marxe dos temas preestablecidos e as ríxidas regras estéticas do sindicato oficial de fotógrafos.

A Xunta convida a celebrar a primavera en familia coa sétima edición da carreira ‘Holi Gaiás’ o 7 de xuño

A Xunta de Galicia anuncia a celebración da sétima edición da carreira Holi Gaiás o vindeiro 7 de xuño. A actividade deportiva e non competitiva, que se desenvolve nunha contorna natural, abre as súas inscricións na web da Federación Galega de Atletismo. Ademais, a cativada menor de 10 anos poderá participar do evento nunha Peque Holi chea de cor.

Santiago de Compostela, 04 de Maio de 2025

Escenas do Cambio remata esta fin de semana co espectáculo internacional de danza ‘Exposure’ e a primeira estrea en internet de Mercedes Peón

O festival Escenas do cambio, impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pecha a súa undécima edición esta fin de semana con dúas estreas singulares. Hoxe sábado, no Gaiás poderá verse por primeira vez en España o espectáculo de danza Exposure, unha obra que reúne o talento de catro países: Cuba, Alemaña, Bélxica e Australia. O domingo será unha das artistas galegas máis internacionais, Mercedes Peón, quen presente unha nova creación audiovisual pensada para ser experimentada a través das pantallas de ordenadores e dispositivos móbiles.

Santiago de Compostela, 10 de Maio de 2025

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS