Concerto de 'Abril' | Letras Galegas no Gaiás 2025

Tradición renovada, sons de raíz en harmonía co presente. Un microcosmos folclórico no que as identidades converxen e crean comunidade. Ven gozar da intimidade, frescura e personalidade da música de Abril á Biblioteca de Galicia con motivo do Día das Letras Galegas.

Abril é un proxecto formado por Claudia Abril (voz e percusións) e Marina Carpente (violín e voz) no que melodías tradicionais galegas e ibéricas se adaptan a sonoridades actuais con certa intimidade, personalidade e frescura. Unha proposta de folk contemporáneo na que instrumentos de música tradicional como a pandeireta, o pandeiro ou o violín folk dan lugar a un coidadísimo repertorio que contribúe a poñer en valor a música tradicional galega sen deixar de lado a modernidade.

 
Música & Escena
 
Convocatoria aberta
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo