Día do Libro na Biblioteca de Galicia 2025
Un ano máis a Biblioteca de Galicia únese á celebración do Día do Libro cunha proposta que trata de achegar o funcionamento da institución ao público, abrindo as súas portas a unhas visitas guiadas que percorren lugares das instalacións ás que non se pode acceder normalmente. Ademais haberá agasallo de libros sorpresa para as persoas usuarias que se acheguen durante esta xornada á Biblioteca ata esgotar existencias.
Visitas guiadas
