Castelao. Un corazón á intemperie | Día do teatro na Biblioteca de Galicia

Cando Castelao morre en 1950, vivíanse uns tempos nos que non era posible chorar a súa perda. Daquelas, o dramaturgo Daniel Varela Buxán decide render, nun acto privado diante da súa veciñanza, a súa particular homenaxe ao rianxeiro. Agora, a compañía Fantoches Baj recrea esa escena adaptándoa á cativada para achegalos á figura de Castelao a través do teatro de marionetas de fío, narración oral e teatro de máscaras. Así, con motivo do Día do Teatro, a Biblioteca de Galicia trae a estrea absoluta da obra Castelao.

A Xunta reúne talento galego e internacional na danza, a música e as artes vivas para unha edición de Escenas do cambio con sete estreas en Galicia

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe a programación de Escenas do cambio 2025, festival que aposta este ano máis ca nunca por transcender os límites físicos de territorios e escenarios para a creación escénica de vangarda. Do 8 ao 11 de maio, Escenas do cambio convoca na Cidade da Cultura e o Salón Teatro a artistas procedentes de oito países (España, Alemaña, Australia, Bélxica, Corea do Sur, Cuba, Portugal e Suíza) para dar forma a unha programación composta por 15 espectáculos que hibridan danza, teatro, música e artes vivas.

Santiago de Compostela, 17 de Marzo de 2025

Escenas do cambio 2025

Escenas do cambio aposta este ano máis ca nunca por transcender os límites físicos de territorios e escenarios para a creación escénica de vangarda. Do 8 ao 11 de maio, o festival convoca na Cidade da Cultura e o Salón Teatro a artistas procedentes de oito países (España, Alemaña, Australia, Bélxica, Corea do Sur, Cuba, Portugal e Suíza) para dar forma a unha programación composta por 15 espectáculos que hibridan danza, teatro, música e artes vivas.

Nova convocatoria do ‘Encontro de Artistas Novos’ para apoiar a 40 figuras da creación contemporánea emerxente

A Xunta de Galicia vén de convocar a decimo quinta edición do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura, que ofrece a 40 novos talentos da creación contemporánea a oportunidade de amosar no Gaiás o seu proxecto artístico, entrar en contacto con outros creadores, tanto noveis como consolidados, e optar a realizar unha residencia artística na Cidade da Cultura.

Santiago de Compostela, 15 de Marzo de 2025

XV Encontro de Artistas Novos: #EAN15

O Gaiás convértese por décimo quinto ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores e creadoras emerxentes teñen a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais. Chega o XV Encontro de Artistas Novos, #EAN15, que se celebra do 24 ao 28 de agosto de 2025, coordinado unha edición máis por Rafael Doctor.

A Residencia literaria da Cidade da Cultura amplía a súa convocatoria a proxectos de narrativa, teatro e poesía en galego

A Xunta de Galicia vén de abrir o prazo de inscrición para a V Residencia literaria da Cidade da Cultura, que inicia unha nova etapa baixo a dirección da escritora e xestora cultural, Eva Mejuto. Esta nova convocatoria amplía a súa oferta para acoller, ademais de proxectos de narrativa, propostas teatrais e de poesía inéditos de autoras e autores emerxentes e escritos en galego.

Santiago de Compostela, 06 de Marzo de 2025

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS