'Desafío de cartón' convida as familias a construír estruturas efémeras no Gaiás con materiais de refugallo

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convida as familias a participar o vindeiro sábado 28 de xuño no Gaiás en Desafío de cartón, unha actividade lúdica e educativa que fomenta a creatividade a través do xogo con materiais de refugallo. Trátase dunha intervención efémera, coa que a Praza Central da Cidade da Cultura se encherá de elementos reutilizables para que persoas de todas as idades teñan a oportunidade de construír estruturas e xoguetes co único límite da súa imaxinación.

Santiago de Compostela, 25 de Xuño de 2025

O Gaiás inaugura o xoves ‘Castelao. Mirar por Galicia’, a primeira exposición en Galicia que recupera unha personaxe histórica con intelixencia artificial

A Xunta de Galicia inaugura este xoves 26 de xuño na Cidade da Cultura a exposición inmersiva CASTELAO. Mirar por Galicia, o primeiro proxecto galego de arte dixital que recupera a figura dunha personaxe histórica emblemática da nosa cultura con intelixencia artificial e cun amplo abano de tecnoloxías dixitais que inclúen hologramas, videomapping ou realidade virtual.

Santiago de Compostela, 24 de Xuño de 2025

A Xunta despide o ‘Serán'04’ cun certame de coros e un man a man de oito agrupacións de baile e música tradicional

A Xunta de Galicia despide hoxe na Cidade da Cultura a cuarta edición do Encontro Galego de Cultura Popular, Serán’04 con dúas destacadas actuacións que poñen o ramo a tres intensos días de actividades ao redor da nosa música e baile tradicional. Por unha banda, un concerto de Coros Enxebres, coa participación do Coro tradicional Xacarandaina (A Coruña), Cantares do Brión (Gondomar), a centenaria Coral de Ruada (Ourense) e as Pandeireteiras de XOC, que reúne a intérpretes de Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos.

Santiago de Compostela, 22 de Xuño de 2025

A Xunta congrega un milleiro de intérpretes e 40 agrupacións de baile e música tradicional das catro provincias galegas no ‘Serán04’

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe no Museo Centro Gaiás ao arranque da cuarta edición do Serán, Encontro Galego de Cultura Popular, unha cita que desde hoxe e ata o domingo 22 de xuño reunirá na Cidade da Cultura de Galicia ata un milleiro de intérpretes e 40 agrupacións de baile e música tradicional das catro provincias galegas. 

Santiago de Compostela, 22 de Xuño de 2025

O ‘Serán'04’ abre este venres cun festival que reúne no escenario a Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, De Ninghures, Tres Pesos e Xosé Lois Romero & Aliboria

A Xunta de Galicia converte esta fin de semana o Gaiás en epicentro da nosa cultura popular, música e baile tradicional coa cuarta edición do Serán, que dá comezo o venres 20 de xuño e inclúe un gran festival folk que reunirá sobre o escenario algúns dos nomes máis destacados do ‘tradi’ actual:  Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, De Ninghures, Tres Pesos e Xosé Lois Romero & Aliboria. Os interludios entre as bandas correrán ao cargo da agrupación Os Enxebres de San Lázaro.

Santiago de Compostela, 18 de Xuño de 2025

Atardecer no Gaiás 2025

Atardecer no Gaiás programa 11 solpores musicais con 16 bandas para alongar con boa música as tardes dos xoves e venres entre o 3 de xullo e o 21 de agosto! A praza central do Gaiás volve abrirse este verán a todos os públicos e estilos, con artistas como Ana Lua Caiano, Al Safir, Faenna, Calle Mambo ou Futurachicapop. Rap e música urbana, ritmos latinos, electrónica, pop...

Visitas comentadas | Boris Savelev. Viewfinder, unha forma de mirar

Percorrido guiado polo persoal especializado do Museo Centro Gaiás no que poderás mergullarte na exposición BORIS SAVELEV. Viewfinder, unha forma de mirar, a retrospectiva máis ampla realizada ata agora do fotógrafo Boris Savelev (Chernivtsi, Ucraína, 1947), artista premiado en PHotoEspaña 2024 cunha mirada forxada na Unión Soviética nos anos 70.

#EAN15: publicada a listaxe das 40 persoas seleccionadas para participar no XV Encontro de Artistas Novos

Xa está publicada a listaxe definitiva cos nomes dos 40 creadores e creadoras emerxentes seleccionadas para participar no XV Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia, #EAN15. Nesta residencia artística no Gaiás –que terá lugar entre o 24 e o 28 de agosto- poderán presentar o seu proxecto creativo, así como intercambiar experiencias profesionais con outros artistas emerxentes e consolidados, comisarios ou prensa especializada.

Galego

A maior retrospectiva sobre o galardonado fotógrafo Boris Savelev e a súa poética mirada da vida urbana

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou esta mañá a mostra Boris Savelev. Viewfinder, unha forma de mirar  na Cidade da Cultura, un proxecto expositivo da Xunta de Galicia que achega ao público galego a obra dun dos fotógrafos urbanos contemporáneos máis influentes da súa xeración.

Santiago de Compostela, 12 de Xuño de 2025 a Santiago de Compostela, 13 de Xuño de 2025

Unha tarde no lago. Música, teatro e xogo ao aire libre | Verán en familia 2025 | Gaiás en verde

Dúas tardes cheas de diversión en familia nunha contorna natural única. Unha programación de actividades familiares que recolle o espírito participativo e festivo das grandes citas culturais, pero adaptándoo a un formato máis sustentable, accesible e en harmonía coa contorna. Música, teatro, xogos e obradoiros... descubre o que che agarda nestas tardes no lago. 

Mércores 9 de xullo

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS