Desafío de cartón

Unha morea de cartón de refugallo, un lugar público, e un feixe de rapazada creativa. Son os ingredientes do Desafío de cartón, unha actividade lúdica e educativa que fomenta a creatividade a través do xogo con cartón de refugallo. Nesta intervención efémera, a Praza Central do Gaiás énchese deste material para que persoas de todas as idades teñan a oportunidade de construír estruturas e xoguetes: a única fronteira é a vosa imaxinación!

A Xunta leva a Ponteareas a exposición de rúa ‘Botamos un baile?’ para pór en valor a historia das orquestras de verbena en Galicia

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou esta mañá a mostra Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia, que contempla a evolución destas agrupacións desde principios do século XX ata a actualidade. O proxecto, que se enmarca dentro das itinerancias expositivas da Cidade da Cultura, pode visitarse na Praza da Música de Ponteareas ata o vindeiro 30 de xuño.

Santiago de Compostela, 10 de Xuño de 2025

Abre as portas no Museo do Mar 'Viquingos. Unha ollada desde Galicia', continuación de 'Unha vida viquinga'

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe no Museo de Mar de Galicia Viquingos. Unha ollada desde Galicia, exposición con carácter internacional que permitirá ao público descubrir a pegada que deixaron na nosa cultura as incursións dos pobos nórdicos ao longo da Idade Media. A mostra, que se poderá visitar en Vigo ata o 28 de setembro, reúne 75 pezas procedentes de museos e institucións de Suecia, Galicia e Andalucía.

Santiago de Compostela, 09 de Xuño de 2025

Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia | Itinerancia en Ponteareas

A exposición Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia fai un repaso a un tema con fonda pegada na sociedade galega, pero pouco analizado académicamente: un percorrido pola evolución das orquestras de verbena dende os anos 20-30 ata o 2020. Así, contempla dende as orixes destas agrupacións nas primeiras décadas do século XX a partir das bandas de música tradicionais, ata converterse en grandes espectáculos e mesmo chegando a reinventarse para captar á xuventude e adaptarse aos novos tempos.

A Xunta pon en valor o papel transformador do ensino artístico coa exposición do arquivo de galicia ‘Educando a mirada. Leccións de arte e deseño’

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou esta mañá a mostra Educando a mirada. Leccións de arte e deseño con motivo do Día Internacional dos Arquivos para poñer en valor o papel transformador do ensino artístico en Galicia. A exposición poderá visitarse no vestíbulo da Biblioteca e Arquivo de Galicia ata o vindeiro mes de outubro.

Santiago de Compostela, 06 de Xuño de 2025

Unha intervención artística no Gaiás recupera refugallos plásticos para darlles unha segunda pel ás Torres Hejduk

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura Plastic biontes, unha intervención na que o colectivo Basurama converte en arte efémera refugallos plásticos industriais ao revestir cunha segunda pel as Torres Hejduk do Gaiás. Coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, a Xunta presenta esta instalación que convida a reflexionar sobre escenarios futuros nos que o lixo non sexa só un residuo, explorando as súas potencialidades como ferramenta creativa e crítica.

Santiago de Compostela, 05 de Xuño de 2025

A Xunta impulsa no Gaiás e no Salón Teatro dúas residencias artísticas ao redor da identidade de xénero e dun novo folclore para o século XXI

A Xunta de Galicia impulsa durante este mes de xuño na Cidade da Cultura e no Salón Teatro do Centro Dramático Galego os proxectos dos artistas Euyín Eugene e Isabel do Diego, seleccionados na convocatoria 2025 das Residencias Paraíso, programa de apoio ás artes vivas promovido polo colectivo RPM co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. 

Santiago de Compostela, 04 de Xuño de 2025

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS