A Xunta convida a reflexionar sobre o acceso da muller á ensinanza artística nunha exposición do Arquivo de Galicia

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Biblioteca e Arquivo de Galicia a exposición Mulleres artistas: aprendendo o oficio enmarcada na programación do Goberno galego con motivo do Día da Muller, que se celebra o vindeiro 8 de marzo. Trátase dunha mostra coa que se convida a reflexionar sobre o acceso da muller á educación artística e que se poderá visitar na Cidade da Cultura ata finais deste ano. 

Santiago de Compostela, 05 de Marzo de 2025

A Cidade da Cultura programa no Museo do Mar unha mostra de Nicolás Muller con fotografías das Rías Baixas

O Museo do Mar de Galicia acollerá desde o 13 de marzo ata o 18 de maio a exposición Nicolás Muller en Galicia, unha mostra que recolle unha selección 50 imaxes das 700 fotografías que un dos documentalistas máis relevantes do século XX tomou en terras galegas durante as súas viaxes, moitas delas localizadas nas Rías Baixas. Así, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude segue a apostar polas itinerancias dos seus proxectos expositivos por todo o territorio, como é o caso desta proposta xestada na Cidade da Cultura.

Santiago de Compostela, 02 de Marzo de 2025

Cultura estrea no Gaiás unha revisión teatral da traxedia clásica de Medea que xoga con elementos interactivos e do ‘true crime’

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude impulsa dentro do ciclo Clásicas desfeitas a estrea de Medea–Mamá–Monstro, unha nova creación teatral de Laura Porto e Helena Varela que interpela ao público para intentar dilucidar quen foi realmente Medea, a muller arquetipo da vinganza que retratou Eurípides na súa traxedia clásica. O director xeral de Cultura, Anxo M.

Santiago de Compostela, 01 de Marzo de 2025

Mulleres artistas: aprendendo o oficio

Ao longo da historia, as mulleres sempre foron relegadas nas marxes da educación artística. Expedientes para o establecemento dunha escola de nenas nos que se especificaba que o interese que existía para que as mulleres aprenderan a debuxar era, unicamente, que puideran despois trasladar a aprendizaxe a labores de bordado, citas nas que se expoñía que as nenas debían sentarse lonxe dos nenos para non distraelas, ou escritos nos que se explicaba que as nenas tiñan que atender a clase polas mañás porque ningún pai querería que a súa filla volvese a casa de noite.

A Xunta amosa a capacidade creativa de Galicia no eido das artes dixitais cunha experiencia inmersiva no Gaiás sobre as orixes da vida no planeta

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura unha nova instalación inmersiva que combina creatividade e tecnoloxía nunha aposta por achegar ao público galego experiencias innovadoras no eido das artes dixitais. Orixes propón ás persoas visitantes unha viaxe a través da evolución da vida no planeta Terra, ao tempo que promove a conciencia medioambiental, especialmente entre as xeracións máis novas.

Santiago de Compostela, 27 de Febreiro de 2025

V Residencia Literaria da Cidade da Cultura | REGA 2025

Tes un proxecto de narrativa, teatro ou poesía inédito e queres darlle un pulo? Ata o 4 de abril de 2025 está aberto o prazo de inscrición á V Residencia literaria da Cidade da Cultura, un espazo de aprendizaxes para escritoras e escritores emerxentes que queiran perfeccionar as obras a través da posta en común de experiencias e coñecementos, e co acompañamento de autoras e autores de primeiro nivel nas letras galegas e españolas.

Tatuaxe: arte e empoderamento feminista | Visita especial 8M a 'Tattoo. Arte baixo a pel' coa artista tatuadora Laura Juan

Cal foi o papel das mulleres ao longo da historia no mundo da tatuaxe? Con motivo do Día Internacional da Muller, a Cidade da Cultura organiza unha visita especial á exposición Tattoo. Arte baixo a pel da man da artista tatuadora Laura Juan

A Xunta estrea na Cidade da Cultura unha revisión en clave de humor do Ricardo III de Shakespeare dentro do ciclo ‘Clásicas desfeitas’

A Xunta de Galicia promove a estrea este venres de Mala vida e pior morte do rei Ricardo III, unha peza teatral que confronta con humor o cruel retrato da traxedia de Shakespeare protagonizada polo monarca inglés. O espectáculo, que esgotou entradas para esta fin de semana, compón o volume XII das Clásicas desfeitas, o ciclo impulsado polo Centro Dramático Galego e a Cidade da Cultura que revisa obras fundamentais da literatura desde unha óptica contemporánea.

Santiago de Compostela, 20 de Febreiro de 2025

O Gaiás convida as familias a celebrar o Entroido cun baile de disfraces inspirado no mundo de Oz e un concerto de Paco Nogueiras

A Xunta de Galicia celebrará o Entroido na Cidade da Cultura de Galicia cun baile de disfraces para público familiar inspirado no imaxinario dunha das sagas literarias máis recoñecidas e queridas por público infantil e xuvenil de todo o mundo, O Marabilloso Mago de Oz, escrita polo autor estadounidense L. Frank Baum.

Santiago de Compostela, 14 de Febreiro de 2025

A Xunta promove a cultura audiovisual desde idades temperás coa novena edición de ‘Pequefilmes’

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na apertura da novena edición do festival de curtametraxes Pequefilmes na Cidade da Cultura, no que se proxectarán máis de 70 películas dunha vintena de países ao longo da fin de semana e onde se agarda unha asistencia de máis de 2.000 persoas.

Santiago de Compostela, 14 de Febreiro de 2025 a Santiago de Compostela, 17 de Febreiro de 2025

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS