«Castelao. Mirar por Galicia»: unha mostra inmersiva cunha recreación hiperrealista de Castelao e a súa voz grazas á intelixencia artificial

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, avanzou hoxe no Museo Centro Gaiás as liñas de traballo da exposición inmersiva Castelao. Mirar por Galicia. Realizada coa colaboración da Fundación Castelao, a mostra representa a experiencia tecnolóxico-cultural máis avanzada ata o momento ao redor de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un percorrido para atravesar o devir persoal, literario, artístico e político dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. 

Santiago de Compostela, 03 de Xuño de 2025

Fai a túa caixa-conto das cantareiras | Obradoiro con motivo do día das Letras Galegas 2025

E se levamos as cantareiras ao teatro?

Neste obradoiro da Biblioteca de Galicia con motivo das Letras Galegas 2025 a cativada aprenderá a realizar un diorama, que é a representación tridimensional dunha escena, a partir de cantigas e poemas. 

Esta técnica para a creación dun pequeno teatro permite conectar disciplinas como as artes visuais, a literatura, a dramaturxia e a música. Así, os nenos e nenas poderán crear o seu propio escenario para narrar unha historia convertendo unha caixa de cartón nunha auténtica peza artística. 

A Xunta inaugurará o 9 de xuño unha exposición sobre a pegada viquinga na nosa cultura no Museo do Mar de Galicia

A Xunta afondará na análise e mais na difusión da pegada dos pobos nórdicos na nosa cultura a través de Viquingos. Unha ollada desde Galicia, exposición que se inaugurará o luns 9 de xuño no Museo do Mar de Galicia. A exposición, que poderá visitarse en Vigo dende o martes 10 de xuño ata o 28 de setembro no horario habitual do centro, reúne un corpus expositivo conformado por pezas procedentes de museos de Galicia, Andalucía e Suecia.

Santiago de Compostela, 30 de Maio de 2025

Outra mirada | Andaina feiticeira

No corazón verde do Monte Gaiás agroman as sete herbas de San Xoán e moitas outras compañeiras silvestres. Neste espazo único, onde natureza e cultura se dan a man, propoñémosvos un percorrido sensorial e simbólico para redescubrir esta tradición fondamente enraizada en Galicia. Vinde camiñar o monte connosco para identificar as herbas, coñecer o seu uso, o seu significado e a súa forza ancestral, nun diálogo co territorio e co tempo.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS