Papaventos no Gaiás

Cidade Verde é unha actividade pensada para o pleno contacto coa natureza e os seus elementos. E o vento ten un especial protagonismo na Cidade da Cultura de Galicia, onde as fortes rachas que se rexistran no monte Gaiás, desde onde emerxe, forman parte do seu carácter aguerrido, do que queremos que tiredes proveito con nós e gozar das súas vantaxes fronte os posibles inconvenientes. Por iso, convidámosvos a  gozar  dunha demostración de papaventos!

Vinde a marabillarvos con estes fabulosos trebellos, coñecer como funcionan, como podemos elaboralos e tamén como manexalos dun xeito eficaz e divertido.

Cidade Verde 2018 encherá de cores, movementos e figuras orixinais o ceo do monte Gaiás, e seguro que máis dun e dunha ides ser testemuñas desta fermosa colaxe aérea.

Clubs de voo que van participar na exhibición de Cidade Verde:

 
En familia
 
8 de xuño de 2024
Ás 11.30 e ás 12.00 horas