Holi Gaiás 2018

Tras o éxito do ano pasado, na que se esgotaron decontado todas as prazas para participar, sabemos que ides ser moitos e moitas os/as que ides vir festexar a chegada da primavera á Cidade da Cultura de Galicia participando na carreira máis multicor e divertida de Galicia,  a Holi Gaiás!

Trátase dunha actividade saudable e lúdica para participar en familia e na que o espírito competitivo queda de lado e dáselle protagonismo á diversión e ao contacto coa natureza.  Precisamente, como novidade este ano, e tentando fomentar o coñecemento e goce do Bosque de Galicia, o percorrido realizarase a través dos sendeiros do Bosque de Galicia.

O que se mantén da edición do ano pasado son os animadores e música durante todo percorrido: 5 quilómetros pola Cidade da Cultura e a súa contorna natural. Deste xeito, a Holi Gaiás permitirá descubrir e gozar do complexo de Peter Eisenman e do gran pulmón verde da capital galega nun ambiente festivo que lembrará o popular festival de primavera celebrado tradicionalmente na India, Guyana e Nepal, no que se festexa a chegada da nova estación cunha explosión de cores.

Preparade as zapatillas deportivas para participar de cheo nunha carreira na que a cor e a diversión marcarán os vosos chanzos e nas que as marcas persoais deben esixirvos unicamente divertirse, bailar, emporcarse fermosamente con polvos de cores e, como que non, facer algo de deporte. 

A divertida, singular e de multicor Holi Gaiás é a que marca  ás 12 horas o comezo de actividades de Cidade Verde 2018 que conta con outras dúas actividades en contacto coa natureza: Andainas Cidade Verde e Papaventos no Gaiás

A Holi Gaiás conta con dúas categorías:

  • Categoría escolar: ano de nacemento entre 2003 e 2008.
  • Categoría adultos: ano de nacemento en 2002 ou anos anteriores.

A pesar do carácter lúdico e non competitivo desta carreira, si que se homenaxeará cunha medalla conmemorativa cos tres primeiros corredores de cada categoría.

Descarga a documentación de autorización, aquí.

 

 

 

 
 
De martes a sábado
11 horas
visitas Comentadas 2017
22 XUÑ - 21 SET
Todos os xoves do verán | Do 5 de xullo ao 13 de setembro
19h | 22.30h
5 XULLO-18 AGOSTO
21 horas
Todos os venres do 29 de xuño ao 17 de agosto
Dese as 19h ata as 12h do día seguinte
Todos os sábados do verán (excepto 28 de xullo e 25 de agosto)
24 e 31 AG | 7 e 14 SET
21 horas
25 Agosto
De 16 a 20 horas
26 - 30 de agosto de 2018
#EAN8: VIII Encontro de Artistas Novos 'Cidade da Cultura'
30 AGO - 25 NOV
De 10 a 20 horas
21 de setembro
21 horas