Emilio Rúa

A Cidade da Cultura de Galicia acolle o primeiro concerto do último traballo de Emilio Rúa, Duetos,  no que contou coa colaboración de Pablo Milanés, Rozálen, La Shica, Rebeca Jimenez, Carmen París, Josele Santiago,Carlos Goñi, Soledad Gimenez, entre outros, entre os que se atopan Víctor Manuel, Rosa Cedrón ou Vicky Gastelo, que subirán con el no escenario do Museo Gaiás.

As Nocturnas 2018

Vive unhas noites de venres diferentes no Museo Centro Gaiás! Coas Nocturnas poderás gozar dunhas visitas comentadas ás exposicións moi especiais pois en grupos reducidos e fóra do horario habitual do recinto -21h- poderás mergullarte na arte na compaña de boa música e petiscos. 

Atardecer no Gaiás 2018

Atardecer no Gaiás 2018 contará con 21 bandas e artistas para pórlle banda sonora aos solpores do verán. Este ciclo de concertos ao aire libre e ao caer o sol é unha das citas consolidadas da época estival. O cartel deste ano é un fiel escaparate das tendencias musicais actuais. Así, dálle máis espazo ás músicas urbanas —hip-hop, trap ou cumbiaelectronica— e evidencia unha clara aposta polas voces femininas —maioría nesta edición— e nun abano amplo de rexistros.

Día dos Museos 2018 - Hiperconectados contigo

Celebramos o Día dos Museos por todo o alto con dúas xornadas de festexos! O lema deste 2018 é a hiperconectividade, co obxecto de amosar ao público todas as conexións que establecen dende o museo e cara ao exterior. O Museo Centro Gaiás adapta este leitmotivHiperconectados contigo. E que mellor forma de demostralo con esta ampla programación con 20 actividades nas que queremos contar todo o tempo coa túa presenza, física ou en liña, a través de:

Cidade Verde 2018

Tras amosarnos o pasado ano as vosas ganas por darlle a benvida á primavera dun xeito orixinal, distendido e en contacto coa natureza, repetimos Cidade Verde cunha coidada programación de actividades que recollen o espírito da edición anterior de actividades participativas, saudables, en contacto co medio e sobre todo, divertidas!

Conecta Fiction 2018

Galicia volverá converterse en punto de encontro da industria televisiva de Europa e América durante a celebración de Conecta FICTION, evento internacional dedicado á coprodución de series e miniseries que desenvolverá a súa segunda edición en Santiago do 18 ao 21 de xuño. A Xunta, ICEX España Exportación e Inversiones e Fundación SGAE promoven esta iniciativa, que este ano incrementou ata 400 o número de profesionais acreditados.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS