Curso Ansible - DXC Technology

A empresa DXC Technology, ubicada no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia, ofrece ao todos os seus traballadores un curso de ANSIBLE, plataforma de software libre empleada para a configuración, administración e automatización de servidores, aplicacións, servizos e infraestrutura de rede.

O curso desenvolverase en tres xornadas, do martes 9 ao 11 de outubro no Cubículo do CEM.

Galego

O Mundial de Xadrez Cadete trae á Cidade da Cultura a máis de 800 novas promesas deste deporte procedentes de 85 países

A Cidade da Cultura será sede no mes de novembro do Campionato Mundial de Xadrez das categorías sub-8, sub-10 e sub-12, evento que reunirá do 3 ao 16 de novembro a máis de 800 novas promesas deste deporte no Gaiás. Desde a organización do torneo quixeron destacar a elevada participación de países no campionato, a máis numerosa dos tres mundiais da categoría cadete que se teñen celebrando ata agora.

Santiago de Compostela, 15 de Outubro de 2018

Asaltos! converte o Gaiás nun ring dialéctico con Ses, Ledicia Costas e Xurxo Souto entre os púxiles da palabra

A Cidade da Cultura de Galicia converterase en novembro nun ring dialéctico a través de Asaltos!, ciclo cultural nun formato orixinal e rompedor, no que se convida a personalidades de dentro e fóra de Galicia vencelladas co ámbito da literatura, da divulgación cultural, da tradución e da música a converterse en púxiles da palabra.

Santiago de Compostela, 14 de Outubro de 2018

París recibe de novo a Baldomero Pestana, quen retratou nesta cidade a García Márquez, Man Ray ou Polanski

A mostra retrospectiva da Cidade da Cultura de Galicia e o Instituto Cervantes sobre o fotógrafo galego Baldomero Pestana exhíbese desde hoxe en París, despois de que fose vista por máis de 15.000 persoas no Museo Gaiás en Santiago de Compostela e, anteriormente, en Madrid por máis de 10.000 visitantes. Deste xeito, a obra dun dos grandes retratistas da segunda metade do século XX regresa a unha das cidades importantes da súa biografía, na que inmortalizou a grandes como Gabriel García Márquez, Man Ray, Roman Polansky ou Bryce Echenique.

Santiago de Compostela, 12 de Outubro de 2018

YAMsession: Concerto Balkan Paradise Orchestra

A Balkan Paradise Orchestra promete facernos bailar na Cidade da Cultura de Galicia. A YAMsession 2018 tráenos en concerto a esta agrupación, formada integramente por mulleres, que transforma o xénero da comparsa combinando diferentes influencias da música contemporánea coa tradición da música balcánica. Será ás 21:30 horas no Museo Centro Gaiás (Planta -1). A entrada é de balde, previa retirada de convite no Museo Centro Gaiás.

Comité de Dirección Cluster Turismo de Galicia

O 11 de outubro o Cluster Turismo de Galicia celebra a reunión do seu Comité de Dirección. O encontro terá lugar na Sala 1 da Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura.

O Clúster Turismo de Galicia é unha agrupación de empresas vinculadas por unha mesma cadea de valor e que desenvolven as súas actividades nun espazo xeográfico concreto, Galicia, ao redor do sector turístico, ben como actividade principal ou complementaria.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS