Estabades a contar os días que faltaban para mergullarvos de novo na maxia e na diversión de Cidade Imaxinaria? Benqueridas seareiras/os, a espera rematou! O sábado 21 de abril ides gozar no Gaiás de Cidade Imaxinaria Primavera!
Nesta estación na que agroman as flores, na Cidade Imaxinaria Primavera emerxerán malabaristas, trapecistas, equilibristas, saltimbanquis, clowns e moita música, danza, xogos, teatro e fabulosas historias en cada curruncho da Cidade da Cultura. Catro horas ininterrompidas de diversión para que compartades unha tarde de sábado en familia, nunha xornada homenaxe ao mundo do circo, que festexa xustamente nesta data o seu Día Internacional.
Espectáculos de pista
- Pink Impact. El Gran Rufus
- Flou Papagayo. Mumusic Circus (Cataluña)
- Todo encaja. Up Arte Circo
Espazos lúdicos para imaxinar
- Teatro sobre ruedas
- La Gran Tempesta. Efimer
- Escola de Saltimbanquis. Pistacatro
- Os xogos do Hélder
Espectáculos itinerantes para encher de maxia a Cidade Imaxinaria Primavera
