Inaugurada 'Castelao maxistral', exposición que exhibe por vez primeira vez en Galicia 'A derradeira leición do mestre'

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, animou hoxe a todos os galegos a visitar Castelao Maxistral, unha mostra, dixo, que marcará un fito nas exposicións do Gaiás coa súa obra intemporal e universal, “algo que soamente sucede cos grandes xenios capaces de interpretar o fondo da alma humana”. “A súa obra nin pasa de moda, nin pertence soamente á nosa cultura.

Santiago de Compostela, 05 de Outubro de 2018

Asamblea Xeral Festivais de Galicia

O luns día 8 de outubro a sala 1 da Biblioteca e Arquivo de Galicia acollerá a reunión da Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación Festivais de Galicia.

Na reunión participarán representantes das empresas asociadas, produtoras de 8 dos festivais profesionais musicais máis recoñecidos de Galicia: 17º Ribeira Sacra Festival, Atlantic Fest, Festival de la Luz, Revenidas, Sinsal Son Estrella Galicia, SonRías Baixas, Vive Nigrán e WOS Festival Son Estrella Galicia.

Curso de Antropoloxía Social e Cultural Galega

Trebum Cultura organiza a partir deste mes de outubro na Cidade da Cultura o "Curso de Antropoloxía Social e Cultural Galega", destinado a todas aquelas persoas que queiran iniciarse no eido do patrimonio inmaterial galego. O curso é de especial interese para estudantes do grao de antropoloxía, pero está aberto a alumnado doutras disciplinas, así como a todas as persoas que desexen recibir formación antropolóxica e, especificamente, nos campos da mitoloxía, etnomedicina, crenzas e relixiosidade popular da cultura tradicional galega.

Xornada de Acollida de Auxiliares de conversa

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa celebra o día 2 de outubro na Cidade da Cultura de Galicia a 'Xornada de Acollida de Auxiliares de Conversa', cun programa completo de actividades dirixido a aquelas persoas que traballan como auxiliares de conversa de linguas estranxeiras nos centros educativos de Galicia.

As persoas convocadas a esta xornada son:

Chega ao Gaiás a 'YAMsession 2018', o maior encontro europeo para profesionais da música e da educación

A Cidade da Cultura de Galicia convértese este outono no lugar de encontro para músicos e educadores de toda Europa. Do 17 ao 19 de outubro o Gaiás acolle a YAMsession 2018, un evento para coñecer o panorama da produción musical para público infantil e xuvenil, as novas correntes que se están a desenvolver a nivel europeo e para xerar oportunidades de colaboración entre programadores, produtores, artistas e profesores de música nacionais e internacionais.

Santiago de Compostela, 01 de Outubro de 2018

Xornada 'O Emprego do Futuro'

A transformación dixital e a revolución tecnolóxica están transformando a economía e con ela tamén o mercado laboral.

A Xunta de Galicia pon en marcha o programa 'O Emprego do Futuro' para a identificación das necesidades dos sectores económicos e a capacitación e a adaptación do talento.

Con este novo programa analizaranse os novos perfís profesionais que demanda a Industria 4.0 detectando competencias e capacidades co obxecto de elaborar o catálogo de accións formativas do Emprego do futuro.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS