Contornos e contornas

A experiencia da Cidade da Cultura en convivencia e irmandade entre programación cultural, emprendemento, tecnoloxía e intercambio social convértea no lugar axeitado para celebrar unha xornada como Contornos e contornas, que ten como cerna as posibilidades da arquitectura como axente condicionante das actividades humanas e os efectos que o espazo arquitectónico ten sobre o comportamento e benestar das persoas.

Workshop DICO Mindset: Consultas ao mercado

Workshop de Consultas ao Mercado dentro do proceso de Compra Pública de Innovación para a posta en marcha dunha plataforma integral de servizos e solución baseados en contenidos dixitais interactivos.
 
O proxecto buscará posicionar a Galicia na vangarda do sector audiovisual a nivel internacional, a través da colaboración do sector TIC e o sector Audiovisual, gracias ao convenio firmado entre a AMTEGA e a CRTVG.

VI Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca a sexta edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso que impulsa o desenvolvemento de ideas emprendedoras relacionadas coas industrias culturais en Galicia.

Os premios Emprende Gaiás-Sixto Seco buscan poñer en marcha proxectos innovadores no ámbito da creación e da cultura artellados en dúas modalidades:

As Hejduk convértense nun arquivo sonoro para rescatar a arquitectura galega desaparecida

As Torres Hejduk convértense desde hoxe e ata o 25 de novembro nun arquivo sonoro para rescatar a arquitectura galega desaparecida ou transformada, lonxe dos grandes relatos arquitectónicos presentes na contorna. Isto é posible grazas á intervención AAMA (Arquivo Aberto da Memoria Arquitectónica), de Francisco Ramallo (Granada, 1974), inaugurada hoxe como clausura do Encontro de Artistas Novos 2018.

Santiago de Compostela, 30 de Agosto de 2018

CIberTIC Galicia

A ciberseguridade é unha das ramas tecnolóxicas que está a ter un maior auxe e da que máis se está a falar, ao decatarse todas as entidades que un dos seus maiores valores é a información e que, por tanto, a mesma debe ser protexida e asegurada fronte a calquera intervención exterior.

IV Maker Faire Galicia

Maker Faire volverá ao Museo Centro Gaiás do 23 ao 25 de novembro na que xa é a súa cuarta edición, consolidándose como a máis importante da Península, tanto en número de makers como de asistentes, e situándose entre as cinco con máis visitantes de Europa, despois de grandes cidades como Roma e París.

XV Romaría Coral Galega

Case 800 coralistas, procedentes de 34 corais de toda Galicia, participan neste encontro, que encherá de sons de música ‘culta’ a Praza Central do Gaiás e que contará coa colaboración da Banda Municipal de Santiago de Compostela para a interpretación das cinco pezas finais do encontro.

PROGRAMA

OBRAS COMÚNS A INTERPRETAR:

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS