Marcamos o compás

A Cidade da Cultura súmase á celebración do Día da Muller cun evento ben especial: o concerto Marcamos o compás, da Banda Galega Feminina de Música
 
Trátase do primeiro concerto que se organizará na Comunidade galega dunha banda integramente feminina, que xuntará baixo unha mesma batuta –a da Isabel María Rubio, directora da Banda de Música de Lalín– a instrumentistas de diferentes agrupacións bandísticas galegas. 
 

Música en feminino

Co gallo da celebración do Día da Muller, o Arquivo de Galicia vén organizando nos últimos anos unha serie expositiva que, baixo o título Mulleres sobranceiras, recupera a memoria dalgunha muller destacada.

Este ano, a mostra Música en feminino ofrece unha escolma de documentos que ilustrarán o visitante sobre o papel desenvolvido pola muller no mundo da música desde a esfera cotiá e doméstica da que parten, ata o ámbito profesional e intelectual no que hoxe en día se encontran dentro da escena musical.

Os sons do Vindel. Músicas da Península Ibérica do S. XIII

A Cidade da Cultura de Galicia despide o Pergamiño Vindel —que regresa á Morgan Library tras seis meses no Museo do Mar de Galicia— da mellor das formas, a través da música de Martín Codax na súa máis pura esencia. Para iso, contaremos cun dos grupos de música antiga máis aclamados na escena internacional, Ensemble Micrologus, e conducido por unha das novas voces da poesía galega actual, Dores Tembrás.

Programa Go2Work (3º Edición)

Coworking centrado no sector das industrias culturais e tecnolóxicas.

Obradoiros

Asistencia de acceso libre (obrigatoria para os participantes do coworking). Axúdase aos emprendedores para validar o modelo de negocio con metodoloxías áxiles, así como a desenvolver as habilidades imprescindibles para poñelo en marcha: “Lean StartUp: Avaliación e validación do teu plan de negocio”; “ Crowfunding”, “Estratexias de comunicación en redes sociais”, “Creatividade e innovación“, “Como poñer en marcha un Plan de márketing dixital”, etc.

Nexos: A renovación da música portuguesa

No ano 2011 o fado foi declarado Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola UNESCO. Un xusto recoñecemento a unha creación cultural marabillosa que soubo actualizarse até hoxe. Claro que o fado non esgota o repertorio das músicas portuguesas. Nos anos 60 e 70 do pasado século xurde a “nova canção portuguesa” da man do Zeca Afonso, Carlos Paredes ou Fausto, combinando maxistralmente a canción de Coimbra, o cancioneiro popular portugués e o folk estranxeiro.

Nexos: A quimera da conciliación. Crianza, coidados e traballo doméstico no século XXI

En boa parte dos países occidentais se vén detectando, dun tempo a esta parte, as grandes dificultades que teñen pais e nais para compaxinar a crianza das fillas e fillos coa súa actividade laboral. Esta problemática, que afecta ás expectativas de fecundidade, e polo tanto á demografía, foi tomada en consideración polos gobernos a través das chamadas políticas de conciliación.

Vai de cine

A Cidade da Cultura de Galicia celebrará, en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) da Agadic, o ciclo Vai de cine,  nunha clara aposta pola produción audiovisual galega máis recente e tamén máis premiada coa proxección os días 15, 16 e 17 de decembro das fitas:

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS