Os camiños de Castelao. Real Filharmonía de Galicia
A Cidade da Cultura de Galicia continúa a despregar actividades ao redor a Castelao maxistral, a exposición que permite contemplar por vez primeira en Galicia a ‘A derradeira leición do mestre’, lendario cadro visitado xa por preto de 25.000 persoas. Este programa arrancará en 2019 cunha xornada dedicada ao exilio xa que foi nesta circunstancia cando o artista de Rianxo pintou o óleo que artella o relato da mostra.
