Castelao maxistral. Exilio e refuxio. Dúas situacións na nosa sociedade contemporánea

A Guerra Civil en España obrigou ao exilio o artista e intelectual galeguista Daniel Rodríguez Castelao. A súa obra icónica A derradeira leición do mestre—enmarcada nesta época escura de represión fascista — é a peza protagonista da exposición que acolle o Museo Centro Gaiás, Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra. Por iso,  o programa de actividades ao redor desta mostra —que está a ser visitada xa por preto de 25.000 persoas— obrigaba a celebrar un encontro con persoas que na actualidade —en condición de refuxiadas ou exiliadas— están a pasar unha situación similar á que viviu Castelao e moitas e moitos dos seus coetáneos.

Na nosa sociedade actual, a nivel global, estase a vivir unha complicada situación xeopolítica que se reflicte no número de  vítimas de conflitos bélicos e políticos, especialmente visibles a través do número de persoas refuxiadas, exiliadas e/ou represaliadas.

Para darlle visibilidade a esta situación, e grazas á colaboración con Amnistía Internacional, a Cidade da Cultura incorpora nas súas actividades ao redor da exposición Castelao maxistral. A boa obra ao mestre este encontro con persoas refuxiadas e exiliadas que, neste intre, viven en Galicia.

O obxecto é que compartan a súa crúa experiencia, na que dean a coñecer a realidade dos seus países e zonas de orixe en conflito, á vez que procurar eses paralelismos co contexto sociopolítico de Castelao, pero sobre todo escoitar e empatizar coas súas inquedanzas e coas súas necesidades.

A mesa será moderada polo responsable de Relacións Institucionais de Amnistía Internacional de Vigo, Manuel Martínez Barreiro, e formarán parte da mesa:

  • Juan Sosa Maldonado, persoa refuxiada proveniente de Oaxaca (México).
  • Nour Al Hussen, persoa exiliada proveniente de Siria.

 

Ambos serán convidados especiais do concerto ofrecido pola Real Filharmonía de Galicia, Os camiños de Castelao, e que terá lugar ao rematar o encontro, no que a orquestra fará un percorrido polas cidades de diáspora e do exilio de Castelao.

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas