IV Encontro da Mocidade Gandeira

O Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia organiza para o día 15 de xaneiro, martes, o cuarto Encontro da Mocidade Gandeira, que se celebrará na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

O programa da xornada é o seguinte:

  • 11:00h. Recepción.
  • 11:30h. Charla: “Só hai unha oportunidade de facelo ben” a cargo da técnico Cristina Pilar Posada
  • 12:00h. Café
  • 12:30h. Charla: “Formación ao carón da vida” a cargo do profesor e gandeiro Constante Lorenzo Santos
  • 13:00h. Mesa redonda ao redor da fauna salvaxe, a xestión das explotacións, a transformación de productos ou o cooperativismo como medida necesaria para reducir custos nas producións
  • 14:00h. Conclusións e clausura
  • 14:30h. Xantar

O obxectivo do Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia é agrupar, ser punto de encontro e foro de debate, para todos aqueles mozos e mozas menores de 35 anos interesados no desenvolvemento e implantación de técnicas e prácticas agrogandeiras sostibles, rendibles, respectuosas co medio natural e co benestar dos animais, que permitan a pervivencia futura da actividade e á vez ofreza un medio de vida digno e rendible para os agricultores e gandeiros.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta