A Cidade da Cultura premia a proxectos emprendedores que reinventan produtos tradicionais e dan voz ás mulleres

A Cidade da Cultura entregou esta tarde os VI Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco ás mellores ideas emprendedoras do ano no sector das industrias culturais e creativas. Nesta edición, o xurado decidiu premiar unha iniciativa para dar visibilidade á loita pola igualdade de xénero e dous proxectos que actualizan, a través do deseño e da tecnoloxía, elementos tradicionais da cultura galega.

Santiago de Compostela, 19 de Novembro de 2018

Un combate poético púxolle o peche ao ciclo ‘Asaltos!’ que deu a coñecer no Gaiás facianas novas de 15 persoeiros da cultura

O ciclo cultura Asaltos! clausurouse este sábado subindo ao ring creativo da Cidade da Cultura de Galicia á filóloga Chus Nogueira xunto aos poetas galegos Antón Blanco e Elías Portela, Premio Minerva e Premio Poesía Afundación, respectivamente, e arbitrados neste combate sobre versos por Silvia Penas, poeta, filóloga, performer e vocalista do grupo Cinta Adhesiva.

Santiago de Compostela, 17 de Novembro de 2018

Encontros para o emprego

'Encontros para o emprego' é unha xornada na que expertos en inserción sociolaboral e representantes de diversas empresas darán as claves para atopar traballo a unhas 120 persoas desempregadas de Galicia. A través de obradoiros prácticos, abordaránse cuestións para enfocar con éxito a busca de traballo, como a creación dunha marca persoal ou saber como desenvolverse nun proceso de selección.

Xornada Final de Tech Kids

Este domingo celébrase a xornada final dos talleres do programa #TechKids, con actividades e un relatorio sobre as posibilidades da creación dixital, da man do director do festival internacional Mundos Digitales, Manuel Meijide, e o cofundador de Illusorium Studios, Raúl Rocha.

As actividades serán no Hall de Tirantes do Museo Centro Gaiás, de 11:00 a 14:30 horas. O programa inclúe os seguintes talleres, dirixidos a mozos e mozas entre 10 e 17 anos:

II Xuntanza de avós e avoas educadores

A Cidade da Cultura acolle o día 10 de novembro a II Xuntaza de avós e avoas educadores, unha iniciativa da Cruz Vermella dirixida a maiores de 60 anos que teñen ao seu cargo a educación dos seus netos, durante toda a xornada ou unha parte significativa da mesma.

A xuntaza servirá para recoñecer e agradecer o labor que desempeñan os avós e avoas, compartir experiencias e vivencias e gozar dunha xornada especial.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS