O Gaiás celebrará os fitos e figuras lendarias do fútbol cunha grande exposición

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez González, anunciou esta mañá que a Xunta de Galicia organizará no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura a exposición máis ambiciosa realizada até o momento sobre a historia do fútbol galego. A mostra, titulada Valor e mestría.

Santiago de Compostela, 12 de Decembro de 2018

Valor e mestría. Galicia como fútbol

Valor e mestría. Galicia como fútbol é a exposición máis ambiciosa sobre o fenómeno do fútbol na nosa comunidade, tanto en percorrido histórico como en número de pezas: 300, das cales 200 son orixinais.

A mostra arranca en 1876, ano no que se data a primeira referencia o xogo do foot-ball en Galicia —e que algúns historiadores consideran que tamén en España— ata o gol do celtista Iago Aspas no recente Mundial de Rusia.

Despunte 2018

A Cidade da Cultura de Galicia volve acoller unha nova edición do desfile Despunte.  A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo presenta este venres, día 14, no Gaiás os traballos do curso 2017-2018, unha ocasión para visibilizar o enorme talento novo, o saber facer e as horas investidas nos Traballos Finais de Estudos (TFE) do seu alumnado.

Curso aproximación á metodoloxía BIM para arquitectos

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza este curso co obxectivo deste curso é permitir que os alumnos coñezan os conceptos básicos da metodoloxía BIM e cales son os aspectos clave que se deben ter en conta para implantalo de maneira exitosa nun estudo de arquitectura.

As sesións presenciais do curso terán lugar no Auditorio 2 do Edificio CINC, na Cidade da Cultura, os días 10 e 11 de decembro. Consulta aquí a información en detalle e o programa do curso.

Comezan as obras do Edificio Fontán cumprindo co calendario que fixa a súa posta en marcha no Xacobeo 2021

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez González, anunciou esta mañá que as obras para a construción do Edificio Fontán, na Cidade da Cultura de Galicia, comezarán o próximo luns, cumprindo así co calendario establecido que prevé a súa finalización no último trimestre de 2020 e a súa posta en marcha no Xacobeo 2021.

Santiago de Compostela, 07 de Decembro de 2018

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS