Cidade do Nadal

Coa chegada do Nadal, as cidades e as vilas de todo o mundo transfórmanse. As prazas e rúas mudan as súas cores, préndense as luces e as árbores vístense de dourado, prata e vermello. A maxia destas datas mudará tamén a Cidade da Cultura, que se converterá nunha espectacular ‘Cidade do Nadal’.

A ‘Cidade do Nadal’ do Gaiás abre as súas portas na tarde do 14 de decembro co acendido da iluminación exterior que, inspirada nun ceo cargado de estrelas, guiará os visitantes ata o Museo Centro Gaiás. A partir do sábado día 15 de decembro, quen se achegue ao museo poderá mergullarse nun escenario cheo de luz e de cor que recrea unha auténtica ‘Cidade do Nadal’ con rúas, prazas, casas e unha grande árbore iluminada que familias e visitantes poderán decorar xuntos.

Na 'Cidade do Nadal' do Gaiás haberá actividades todos os días para gozar en familia. Cada mañá os visitantes poderán abrir o noso particular calendario de advento e haberá tamén obradoiros creativos e actividades para descubrir como se viven estas festas noutras culturas afastadas e achegadas á vez. Botade unha ollada ao que temos preparado para vivir o Nadal no Gaiás: