O Gaiás enxalza o traballo das redeiras cunha exposición fotográfica co gallo do Día da Muller

A Xunta de Galicia pon en valor o labor das redeiras cunha exposición fotográfica aberta ao público desde hoxe na Cidade da Cultura e que forma parte da programación do Gaiás vencellada ao Día Internacional da Muller, que se conmemora o 8 de marzo.

Santiago de Compostela, 04 de Marzo de 2020

Medio milleiro de animaliños no Entroido do Gaiás

O Baile de Entroido do Gaiás esgotou todas as entradas e medio milleiro de persoas están a gozar esta tarde na Cidade da Cultura do Baile de Entroido de temática animal, amenizado coa música da picadiscos infantil Marifaltri e co coñecido espectáculo-musical A nena e o grilo, de Magín Blanco e A Banda da Apertas.

Este Entroido Animal transformou o Museo Centro Gaiás nun auténtico zoolóxico con cefalópodos, mamíferos ou anfibios, xa que a temática de disfraces de abano animal é ampla para acadar unha divertida tarde de festa familiar.

Santiago de Compostela, 26 de Febreiro de 2020

A Cidade da Cultura e AJE Galicia promoven un foro para mozos emprendedores

O vindeiro 12 de marzo, a Cidade da Cultura acollerá o Foro Empresarial AJE Galicia 2020, un encontro para debater e coñecer novas tendencias en innovación e investimento, enfocado a mellorar a produtividade das empresas galegas.

O evento reunirá a empresarios e institucións de toda España, de todos os sectores, e está dirixido a mozos e mozas emprendedoras e universitarias con vocación de crear a súa propia empresa; así como empresarios e empresarias, e organismos relacionados co mundo corporativo.

Santiago de Compostela, 19 de Febreiro de 2020

22 proxectos empresariais de industrias culturais e TIC comezan a súa formación no Centro de Emprendemento do Gaiás

Comeza na Cidade da Cultura a quinta edición do coworking de Santiago de Compostela, organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI) e o Centro de Emprendemento Creativo do Gaiás, onde os promotores de 22 iniciativas de emprendemento recibirán formación, asesoramento e titoría durante os próximos cinco meses na posta en marcha das súas iniciativas empresariais.

Santiago de Compostela, 12 de Febreiro de 2020

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS