O mellor cine miúdo volve ao Gaiás na cuarta edición de Pequefilmes. Toda unha fin de semana de proxeccións, votacións, premios do público e obradoiros cos que dar resposta á demanda dun público pequeno en tamaño pero grande en esixencias.
Durante os días 18 e 19 de xaneiro de 2020, o Museo Centro Gaiás ofrecerá unha emocionante e amplísima escolma das mellores producións internacionais actuais para a cativada, moitas delas premiadas e seleccionadas nos festivais de cinema infantil, xuvenil e de animación máis importantes do mundo (Annecy, Clermont-Ferrand, Chicago ICFF, Animamundi, Animafest, Dresdner Kinderfilfest...).
- 3 seccións que abarcan todas as etapas da infancia: Vagalumes (dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos), Miñocas (+3 anos) e Fanecas (+7 anos).
- Preto dun cento de curtas internacionais de 27 países.
- 34 sesións: 20 de concurso (Fanecas e Miñocas) e 14 fóra de concurso (Vagalumes e Carta Branca –selección de curtas de Clermont-Ferrand e do CEIP do Camiño Inglés–).
PREMIOS PEQUEFILMES 2020
Os nenos e nenas, ademais de espectadores, son o xurado do festival e a súa ollada crítica e as súas valoracións son as que determinan os premios do público aos mellores traballos exhibidos nas seccións Miñocas e Fanecas. En Pequefilmes 2020 as curtas The Kite, unha historia sobre a despedida dun ser querido realizada en stop motion e estreada na Berlinale 2019, e O 28, a hilarante aventura dun tranvía fóra de control polas rúas de Lisboa, foron as dúas fitas elixidas como vencedoras das seccións Fanecas (+7 anos) e Miñocas (+3 anos).
- The Kite, (Martin Smatana. Rep. Checa, Eslovaquia, Polonia, 2019). Premio Fanecas - Pequefilmes 2020
- O 28, (Caussé Otalia, Collin Geoffroy, Grardel Louise, Marchand Antoine, Merle Robin, Meyran Fabien. Francia, 2019). Premio Miñocas - Pequefilmes 2020
![]() |
![]() |
The Kite. Premio Fanecas Pequefilmes 2020 | O 28. Premio Miñocas Pequefilmes 2020 |
PROXECCIÓNS DE CURTAS POR IDADES
- Pequefilmes Vagalumes. De 0 a 3 anos. Consulta aquí a programación.
- Pequefilmes Miñocas. +3 anos. Consulta aquí a programación.
- Pequefilmes Fanecas. +7 anos. Consulta aquí a programación.
- Carta Branca. Clermont-Ferrand. Unha escolla das mellores películas seleccionadas no Festival Internacional de Curtametraxes Clermont-Ferrand (Francia).
- Novos programadores. CEIP do Camiño Inglés. Unha selección de curtas de produción galega elaborada por alumnado de 9 e 10 anos do CEIP do Camiño Inglés de Sigüeiro, no marco do obradoiro Novos Programadores da Academia Galega do Audivisual.
OBRADOIROS DE CREACIÓN CINEMATOGRÁFICA
Xunto ás proxeccións, Pequefilmes ofrecerá tamén obradoiros nos que toda a familia compartirá a aprendizaxe de técnicas e conceptos fundamentais no proceso de creación cinematográfica e na animación. Uns coñecementos que poderán seguir desenvolvendo posteriormente nos seus fogares para divertirse creando xuntos pequenas películas en familia.
- Obradoiro de Toy Play: Para nenos e nenas de 4 a 12 anos. Sesións en horario de mañá e tarde. 12 prazas por sesión.
- Obradoiro de hologramas: Para nenos e nenas de 4 a 12 anos. Sesións en horario de mañá e tarde. 6 prazas por sesión.
Os obradoiros terán unha duración de 45 minutos e están pensados para nenos e nenas a partir dos 4 anos de idade en dous grupos -de 4 a 8 e de 9 a 12 anos-, que deberán estar acompañados dunha persoa adulta (as persoas adultas acompañantes non pagarán entrada).
