I Congreso Internacional Teatro Galego

O Primeiro Congreso Internacional do Teatro Galego nace paralelamente e como un dos seus obxectivos fundamentais coa Academia Galega de Teatro, quen na súa presentación pública no Consello da Cultura Galega o 27 de marzo de 2018, expón e argúe as liñas básicas da súa necesidade e dos seus obxectivos fundamentais, entre os que se atopa o I Congreso Internacional do Teatro Galego.

Xorde esta iniciativa necesaria, tras corenta anos de exercicio profesional, con vocación de pluralidade aberta a todas aquelas experiencias e manifestacións teatrais que lle dan forma ao teatro en Galicia; e polo tanto todos os esforzos se concentraron en procurar os apoios necesarios dun amplo abano de sectores con implicación directa.

Este congreso ten a súa única referencia histórica no Primeiro Encontro do Teatro Profesional celebrado en Ferrol en xuño de 1988 co apoio de diversas persoas e entidades e coa participación dun sector importante da profesión e dos representantes políticos; cuxos resultados, publicados en 1991 polo Ateneo Ferrolán co apoio da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, foron o activador de políticas teatrais que hoxe precisan ser revisadas e renovadas.

Mais a sociedade evoluciona constantemente e a realidade teatral, a social e mais a política cambian co paso do tempo; e por iso, trinta anos despois da celebración daquel primeiro encontro do teatro profesional, consideramos que é necesario revisar profundamente todo aquilo que afecta ao teatro, á sociedade e ás políticas teatrais; para o que dispoñemos a celebración deste Primeiro Congreso Internacional do que, co compromiso de todos, deberá saír o plan estratéxico de futuro para o Teatro Galego.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027