Escenas do cambio 2021

Xa podemos adiantarvos a programación da sétima edición renovada na dirección —a galega Lola Correa— e tamén no formato: 1️⃣1️⃣ pezas provenientes de España [Galicia, Castela e León, Madrid e Cataluña], Portugal, O Reino Unido, Francia e O Xapón concentradas nunha fin de semana longa, que se celebrará no mes de maio.
 
Serán catro días cos que facerse cunha fotografía das propostas máis arriscadas e innovadoras que se están a facer no eido internacional en teatrodanza e arte en acción, e nas que sobresaen a creación en feminino:
 
Materile  Teatro | Diego Anido | Nuria Sotelo_Licenciada Sotelo| Kirenia Martinez | Begoña Cuquejo| Clara Ferrão | María Rojas | Paula Quintas |Toujours après Minuit / Brigitte et Roser | Hiroaki Umeda | Ana Matey | Miguel Moreira | ÚteroTeatro | Julio Fer| Marc Caellas | David G. Torres | Sleepwalk Collective